12.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

Abraham Gerpe:»O primeiro que observei é que estamos sen teléfono”

Abraham Gerpe comezou a súa etapa a fronte da alcaldía de Coristanco.

Abraham Gerpe iniciou a súa etapa como alcalde, cos primeiros contactos con distintos concelleiros porque reitera a súa idea de “contar con toda a corporación” aínda que precisou que nestes momentos, a excepción do alcalde saínte, os postos da xunta de goberno “aínda están como estaban, e mentras non dimitan, teño tódolos órganos cubertos”.

Asegura estar ilusionado nesta nova responsabilidade e afirma que “hai moito por facer”, pero lamenta que a primeira impresión non foi boa: “O primeiro que observei é que estamos sen teléfono.Non se pagan as facturas e cortan o teléfono”, comentou Gerpe a Adiante Galicia.O rexedor pensa que situacións coma esta chocan coa saúde económica vendida por Amancio Lavandeira:”Podes recibir pero non chamar desde o concello, gracias aos 4,3 millóns de remanente de tesorería».

O que podería ser unha anécdota é para Abraham Gerpe todo un “drama” xa que segundo se informou “é algo recurrente, que pasa tódolos meses, e non me parece unha boa xestión”.Non poido solucionar este asunto porque non dispón aínda de sinatura electrónica.Uno dos retos que se marca o rexedor e dinamizar a estrutura municipal para que sexa máis áxil.

Neste xornada Terra Galega confirmaba que presentaría un recurso administrativo contra os acordos que validaron a moción de censura. A voceira do BNG, Ana Pontón, considera “unha chapuza legal” e dí que resulta “inconcebible” que se acabara votando a moción o pasado venres. Neste asunto, Abraham Gerpe, convidou a que presentaran as denuncias que estimaran oportunas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos