7.6 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Compromiso entra na escena política de Santa Comba

/Mantén xuntanzas e prepara a súa presentación oficial en poucas semanas/ David Barbeira:”Somos un grupo de xente que quere darlle un cambio a Santa Comba”/

David Barbeira con César Ramos e David Gontán

Os contactos e as xuntanzas dos últimos meses rematarán facendo realidade dos obxectivos que tiña desde fai tempo Compromiso por Galicia, contar cunha agrupación local no concello de Santa Comba. 

Segundo pode adiantar este xornal, todo está moi avanzado e na segunda quincena de setembro ou nos primeiros días de outubro, a capital do Xallas acollerá a presentación oficial desta opción política.

Identificados con Compromiso por Galicia

Unha das súas cabezas visibles é David Barbeira García, empresario e na actualidade presidente do Balonmán Xallas, que confirmou a Adiante Galicia a posta en marcha desta alternativa: :”Somos un grupo de xente que quere darlle un cambio a Santa Comba, que penso que lle fai moita falta” indica.

Barbeira, que xa acudiu esta pasada fin de semana a un acto do partido galeguista no concello da Agolada, séntese totalmente identificado coa proposta deste partido:“Son xente moi familiar.Eu comparto plenamente a idea que teñen de gobernar para o pobo”.Moi preto teñen como mostra o traballo que desenvolve o concelleiro da Baña, César Ramos.

 

Xente cansada da confrontación que existe

En Santa Comba parece que a idea está obtendo resposta: “Nunca pensei que houbera tantas ganas, sobre todo na xente nova, que se está poñendo en contacto con nós” sinala David Barbeira que pensa que fan falla “caras novas” na política local.

Hai un desgaste en xeral.O goberno de Santa Comba está desgastado e non se lle apreza ilusión por Santa Comba.A situación do concello de Santa Comba cada ano que pasa vai a peor” manifesta Barbeira, que asegura que está recollendo un sentimento de persoas “que están cansadas das discusións e da confrontación que hai agora mesmo en Santa Comba e da política do non”.

Aínda que o proxecto está en fase de desenvolvemento xa teñen persoas no 70% das parroquias xalleiras. E queren seguir sumando.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos