7.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Xan García pide abordar o problema do aparcamento en Fisterra

Declaracións a Adiante TV do portavoz de Converxencia Galega en Fisterra.

O portavoz municipal de Converxencia Galega no concello de Fisterra, Xan García Pouso, pídelle ao goberno municipal que se reúna cos grupos políticos e cos comerciantes para abordar o problema do aparcamento, xa que considera que se trata “dun grave problema” ao que se lle debe buscar solución “porque isto vainos prexudicar nun futuro se non o abordamos”.

A proposta de Converxencia Galega

García Pouso advirte que hai visitantes que marchan da localidade despois de “dar voltas” e non poder estacionar.“Temos un gran espazo.Desde Galerías Pérez ata a lonxa non hai actividade portuaria, polo que deberíamos negociar con Portos de Galicia para que se cedera ese espazo” propón o concelleiro fisterrán.

“O concello de Fisterra paga máis de 12.000 euros ao ano a Portos,que máis que taxas parecen un imposto revolucionario” lamenta García Pouso que insiste en que é necesario buscar unha solución a esta cuestión.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos