10.7 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Oposición ós proxectos de Gas Natural en Laxe, Cabana e Zas

En Marea amosa a súa oposición e anuncia que este será un dos seus eixos de traballo no Parlamento de Galicia.

Sete aeroxeradores xigantes, cun canon cativo

Os parques eólicos proxectados por Gas Natural nos concellos de Laxe, Cabana e Zas encóntranse co rexeitamento de En Marea e de distintos colectivos como Petón do Lobo, SGHN, Equo, Adega, ou Salvemos Cabana, que denuncian o potente impacto, a escasa repercusión económica e ata deficiencias no procedemento.

Falamos de tres aeroxeradores no parque de Pena Forcada(Laxe) e catro no parque de Mouriños(Cabana e Zas), que terán unha potencia nominal de 3 megavatios, doce veces máis ca un aeroxerador convencional.

O parque de Pena Forcada xa ten emitidad a declaración de impacto ambiental e a declaración de utilidade pública e no parque de Mouriños rematouse o prazo de exposición pública. Aparte están os expedientes para as liñas de evacuación. Distintas fontes confirman que o canon eólico que deixarían estas instalacións sería ridículo.

Oposición total de En Marea 

”Pretenden instalar na desembocadura do Anllóns uns eólicos con aparellos tres veces máis grandes que a torre de Hércules” sinalou o voceiro de industria de En Marea, Pancho Casal, que entende que estes proxectos representan “un enorme negocio para as empresas eléctricas, e un impacto devastador para a economía da Costa da Morte, baseada nunha industria de turismo sostible”.

Pola súa banda, Antón Sánchez, expresou a súa oposición a “este modelo de espolio dos recursos naturais” acusando ao presidente da Xunta e ao Partido Popular de actuar de “axentes comerciais dunhas poucas empresas”.

 

Adega e Petón do Lobo

Desde a asociación ecoloxista ADEGA estes parques “ estragarán as últimas serras virxes da Costa da Morte” e que “apenas deixarán canon, virando unha paisaxe única en polígono industrial”.

A asociación Petón do Lobo demanda a Xunta que volva a comenzar a tramitación de forma conxunta dos dous parques.”Os defectos de tramitación son tan evidentes que causan a nulidade de pleno dereito de todos eles” advirten.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos