9.4 C
Santa Comba
lunes, diciembre 4, 2023

PSdeG:”Abraham Gerpe xa non representa a este partido”

O Partido Socialista solicita o pase de Gerpe ao grupo dos non adscritos por non querer retirar a moción de censura e asegura que o obxectivo era presionar ao alcalde para que dialogara coa oposición.

 

O PSOE cumpre co anunciado e frea a moción

O Partido Socialista cumpriu coa palabra dada ao alcalde de Coristanco, Amancio Lavandeira, e expulsa do seu grupo municipal ao ata de agora portavoz, Abraham Gerpe Muñiz.

A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, o secretario provincial, Julio Sacristán e o secretario de organización provincial, Bernardo Fernández Piñeiro, asinaron un documento  que foi presentado no concello de Coristanco e no que informan que Abraham Gerpe “xa non representa a este partido ante a corporación municipal dese concello, polo que rogamos que este concelleiro pase a formar parte desta corporación como membro non adscrito”.

O obxectivo da moción era presionar a Amancio Lavandeira

Os socialistas deixan claro que rexeitan esta moción de censura e afirman que o alcalde Amancio Lavandeira se puxo en contacto con este partido “para tratar de desbloquear a situación económica, que era precisamente o   obxectivo de presentar a moción: someter á presión suficiente ó alcalde de Coristanco para reactivar o diálogo coa corporación e atopar saídas e solucións ós problemas ós que se enfrotan o concello”.

Desde o Partido Socialista informan que Abraham Gerpe se negou a retirar a moción, e que despois de varios intentos para que así o fixera, optan por retirarlle a súa confianza.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos