8.2 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

O PP dá por pechado o debate da moción de censura en Coristanco

“O PSOE prefire condenar a Coristanco e aos seus veciños a unha situación insustentable no municipio antes que gobernar o concello cos votos do Partido Popular”, dixo Evaristo Ben.

Reproducimos a nota de prensa íntegra do Partido Popular da Coruña

A dirección do Partido Popular da provincia da Coruña tomou esta tarde a decisión de dar por cerrado o debate da moción de censura presentada no Concello de Coristanco.

O vicesecretario xeral de Organización, Evaristo Ben, explicou que os populares estaban dispostos, “polo ben de Coristanco e dos seus veciños”, a que os seis concelleiros do Partido Popular apoiasen ao edil socialista para que este fose nomeado alcalde no pleno que se celebrará este venres, pero, na súa opinión, a “radicalización que viven os socialistas” fixo imposible o acordo.

Neste sentido, e tras as decisións tomadas pola xestora socialista nos últimos días, Ben asegurou que o único que queda claro en todo este asunto é que é “o PSOE prefire condenar a Coristanco e aos seus veciños a unha situación insustentable e de ingobernabilidade total no municipio antes que gobernar este concello cos votos do Partido Popular”.

Chegados a este punto, e con Gerpe formando parte agora do grupo dos non adscritos, os populares consideran que “non se dan  as condicións legais para unha moción de censura, e o Partido Popular sempre cumpre coa lei e coas institucións”, defendeu o vicesecretario xeral de organización.  

Os populares aproveitaron esta ocasión para lembrar que hai dous anos, despois das eleccións municipais, a súa formación tratou de gobernar en Coristanco e non puido porque “non nos deixaron”. “Agora, nun intento de mellorar a situación que había, estabamos dispostos a apoiar ao concelleiro socialista, poñendo por diante das nosas siglas os intereses dos veciños”, apuntou Evaristo Ben, quen subliñou que nos próximos comicios locais “estou seguro de que os votantes saberán poñer a cada un no seu sitio”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos