6.2 C
Santa Comba
viernes, diciembre 1, 2023

“A militancia do PSOE de Coristanco ordenoume presentar a moción de censura»

Abraham Gerpe: “Eu vou respectar o mandato da executiva local e dos militantes de base ata o final”.

 

Orgulloso de defender o mandato dos militantes socialistas

Abraham Gerpe Muñiz emprazou ao PSdeG a “demostrar que me enviaron algunha notificación” para comunicarlle que o expulsarían se non retiraba a moción de censura.
 

Afirma que se enterou pola prensa desta circunstancia e indica que se é así “síntome orgulloso de haber sido expulsado por defender o criterio da militancia”.

Unha vez máis reitera que el só defendeu un mandato e se “a agrupación local me di que retire a moción con argumentos válidos eu retirareina” pero mentres “eu vou respectar o mandato da executiva local e dos militantes de base ata o final”.

Máis críticas contra Aurelio Sánchez

Pregúntase que sucedería se actuara doutro xeito: Se non a houbera presentado tamén me expulsarían do partido? O concelleiro intúe que pode haber “unha trampa do secretario xeral para expulsarme do partido”. 

E contra Aurelio Sánchez volveu a arremeter hoxe:”Aurelio Sánchez estivo difamando á executiva provincial e non foi expulsado.Os intereses particulares de Aurelio Sánchez eu creo que se fan patentes, de pasar a negociar todo co PP a espaldas do partido a abandeirarse do non”.

 

O PSOE vulnera os dereitos dos militantes, segundo Gerpe

Tamén criticou a contradición do PSOE:”O partido promulga que hai que facer caso aos militantes de base e aquí vulnéranse todos os seus dereitos”.

De tódolos xeitos, Gerpe ten claro que a moción fracasou” Entendo que agora non se vai poder levar a cabo a moción, que era para axudar aos veciños de Coristanco”.O edil lembra que non é militante do PSOE e que foi un dos sete asinantes da moción de censura.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos