6.7 C
Santa Comba
sábado, abril 20, 2024

Mazaricos inicia unha campaña de difusión do patrimonio nas redes sociais

Iniciativa da asociación cultural Eu Son Mazaricos e o concello de Mazaricos.Os cancelos da campaña son #EuSonMazaricos #VisitaMZ #TurismoMZ e #ConcelloDeMazaricos .

Segue o concello de Mazaricos apostando polas redes sociais para promocionar o municipio. Neste caso o obxectivo é a difusión do patrimonio, nunha acción conxunta coa asociación cultural Eu Son Mazaricos, a través de Facebook, Instagram e Twitter.

Segundo explican desde o concello “desde os perfís de Eu Son Mazaricos subirán semanalmente unha imaxe dun lugar con relevancia paisaxística presidido polas letras MZ. Contra finais de semana, o Concello ampliará a información cunha creación informativa arqueolóxica ou etnográfica a modo de Sabías que…?”.Os cancelos da campaña son #EuSonMazaricos #VisitaMZ #TurismoMZ e #ConcelloDeMazaricos .

Promoción do patrimonio de Mazaricos

Desde Eu Son Mazaricos afirman que “é un traballo de promoción turística pero non só para persoas de fóra de Mazaricos senón tamén para que as propias persoas do lugar sexan conscientes de todo o que lles rodea”. A presidenta, Janet Martínez cre que “o compendio de redes do concello e a asociación ten alcance, por iso decidimos a fórmula colaborativa”.

O alcalde, Juan Blanco Riveiro explica que “é un traballo conxunto para que todo o patriomonio do noso Concello, que é vasto e variado, chegue ao maior número de persoas posible”. Nesta liña explicou que “todas as tarefas que se están a levar a cabo desde a área de arqueoloxía do Concello están encamiñadas a crear un turismo respectuoso, sostible e fonte de recursos”. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos