17.5 C
Santa Comba
martes, octubre 1, 2024

Fisterra aprobou os seus orzamentos nun pleno curto

O concello de Fisterra aprobou os seus orzamentos para o presente exercicio sen ningún voto en contra. 

PSOE e BNG votaron a favor e a oposición, PP e CG, optaron por absterse asegurando que o documento económico era “unha fotocopia” doutros anteriores. As contas ascenden a 3.487.797 euros como xa adiantamos nunha crónica anterior.

Un orzamento que crece

“Este orzamento crece un pouco con respecto ao ano pasado” sinalou o alcalde José Marcote, precisando que “os gastos están adecuados aos ingresos”.

Expresou o seu interese en que as contas se aprobaran antes pero xustificou o atraso deste ano nas dúbidas que había coas axudas da Deputación e tamén no proceso de elaboración da RPT que estará próximamente rematada. 

 

José Manuel Traba a Kuka Sar: “Medre o mar, aprende a sumar»

O voceiro do Partido Popular, José Manuel Traba, recriminou que as contas chegaban tarde “algo que se nos reprochou a nós durante moitísimos anos”, asegurou que eran “unha fotocopia de anos anteriores”, e dubidou que un dos investimentos por importe de 110.000 euros se poida chegar a executar.

E referiuse a débeda incluída no Plan de Aforro da Deputación cunha mensaxe directa ao tenente de alcalde nacionalista, Kuka Sar:“A débeda existe e son 320.000 euros. Non hai que ser trilero. Medre o mar, aprende a sumar».

A resposta de Sar foi:”Encántame que me sigas no Facebook e iso que non tes”. Pola súa parte para o rexedor José Marcote “a débeda é bastante asumible,non me preocupa absolutamente nada.” PP e Converxencia Galega coincidiron en que non era grande.

Posteriormente e a través das redes sociais o voceiro do BNG escribiu:»Datos oficiais, non de trilero. Fisterra, 171.000 euros de débeda. Datos do Ministerio de Hacienda».

Xan García:”Isto é un copia e pega”

O voceiro de Converxencia Galega, Xan García Pouso, lamentou que as contas se aprobaran “tarde, mal e arrastro” e convidou ao goberno a empezar a preparar o seguinte presuposto.

“Isto é un copia e pega, está executado un oitenta por cento, aquí non hai nada que discutir” declarou García, e a pesar das críticas dixo que se abstiña porque “non participei na elaboracion do orzamento pero tampouco quero poñer paus na roda”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos