7.4 C
Santa Comba
jueves, noviembre 30, 2023

”A miña casa non chegou nada, e tampouco recibín ningunha comunicación nin por mail nin por Whatsapp”

Abraham Gerpe entende que Aurelio Sánchez Seoane cambiou de criterio movido por “intereses persoais”

“É sorprendente que informen antes a Amancio ca min”

O portavoz municipal do PSOE de Coristanco, Abraham Gerpe, amosouse “sorprendido” polo anuncio feito polo alcalde Amancio Lavandeira, porque as 9 da noite deste luns aínda non recibira ningunha comunicación do Partido Socialista:”A miña casa non chegou nada, e tampouco recibín ningunha comunicación nin por mail nin por Whatsapp. É sorprendente que informen a Amancio antes ca min”.Ante esta situación preguntouse que tipo de contactos ten o PSOE co alcalde de Terra Galega e si Lavandeira “será o próximo candidato socialista”.

Nunha conversa con Adiante Galicia, Gerpe Muñiz reiterou o seu discurso dos últimos días. Insiste en que os militantes de Coristanco emprazárono a facer unha moción de censura e agora se hai “un proceso de marcha atrás” teñen que dotalo de argumentos.”E entón retirarei a moción” engadiu.

 

Os intereses persoais de Aurelio Sánchez

Algo que non entende o edil socialista é o cambio que rexistrou Aurelio Sánchez Seoane que “pasou de estar negociando co Partido Popular a ser o abandeirado do non”. Pregúntase que clase de “intereses persoais” motivaron este xiro no secretario xeral.

Gerpe lamentou que o PSOE non respecte a decisión dos seus militantes e lembrou que con Aurelio Sánchez o partido pasou a ter uns 50 militantes a 7 afiliados. “E hai xente que o está pasando mal” precisou.

“Non somos peóns nun taboleiro”

De tódolos xeitos, Abraham Gerpe ten curiosidade por coñecer o contido da comunicación e descubrir cómo se pode expulsar “a alguén que non está no partido” aínda que precisou “son máis socialista que moitos deles porque me preocupo en buscar solución para os problemas do pobo”. 

E segue sen comprender como a dirección provincial non apoia que un dos seus representantes acceda a alcaldía para iniciar “un cambio” que beneficie aos coristanqueses.“Non somos peóns, nun taboleiro de xadrez, somos persoas e o pobo de Coristanco está sufrindo” afirmou o concelleiro socialista.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos