15.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

“Abraham ten un mandato, se quere retirar a moción que a retire, son cousas del”

O secretario xeral do Partido Socialista de Coristanco, Aurelio Sánchez Seoane, criticou ao único concelleiro do PSOE na corporación, a súa postura de “ir por libre” e de presentar unha moción de censura “sen consultar con ninguén”.

“Presentou a moción a espaldas nosas”

Sánchez recoñece que estaba ao tanto da oferta do PP pero aclara que non lle enviou o texto da moción por Whatsapp senón outra documentación:” “Desde a dirección provincial querían documentación fiable do que quería o PP. Eu como secretario xeral pedinlla ao PP e reenvieina a Abraham e a provincial para estudar. A sorpresa foi que se presentou a moción de censura aos dous días sen consultar con ninguén”.

O secretario xeral manifesta que “sempre estiven en contra da moción e a maioría da executiva tamén está en desacordo”, pero que non teñen capacidade para mandar a retirada da iniciativa: “Nós non temos nada que ver nese proceso. Nós non lle mandamos presentar a moción. Presentou a moción a espaldas nosas”.

Aurelio Sánchez lembra que o PSOE xa tomou unha decisión

De tódolos xeitos, Aurelio Sánchez, lembrou que Gerpe xa ten as indicacións oportunas do PSOE:”Xa lle mandaron unha circular desde a dirección provincial socialista que non quere que se leve a cabo esa moción.El ten un mandato, se a quere retirar que a retire, son cousas del”.

Tamén dixo que había a alternativa que o documento fora retirado por “calquera dos outros seis concelleiros” do PP que a presentaron xa que o seu voceiro “fixo de correo”.

En declaracións a este medio, tamén criticou a actitude de Abraham Gerpe que “xa se desmarcou máis veces do que se lle dixo e fixo cousas sen consultar con ninguén. Marchou do tripartito sen consultar con ninguén”.

Foto Aurelio Sánchez- Arquivo Anosacosta- X.M.Lema

Unha xuntanza para tratar “outras cousas”

Nas últimas horas a executiva local do PSOE de Coristanco celebrou unha xuntanza aínda que ao parecer e a pesar de que este é un asunto de relevancia o encontro “foi para tratar outras cousas”.

A ninguén se lle escapa que despois da probable retirada da moción queda unha importante fenda aberta no partido local. Aurelio Sánchez afirma que “as cousas están complicadas e as posturas alonxadas” pero apostou por facer un esforzo polo “diálogo” e “senón se pode haberá que buscar unha alternativa”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos