9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

“A agrupación local mandoume presentar a moción de censura e será quen me ten que mandar retirala”

Declaracións a Adiante Galicia. Abraham Gerpe acusa ao secretario xeral de mentir e pide a súa expulsión do PSOE mentres agarda “argumentos válidos” para retirar a moción de censura.

Gerpe quere argumentos válidos para a retirada da moción

“A agrupación local mandoume presentar a moción de censura e será quen me ten que mandar retirala.A min a dirección provincial non me mandou facer nada e entendo que tampouco me ten que mandar retirar”.Así de claro se expresou o concelleiro Abraham Gerpe Muñiz nunha conversa coa redacción de Adiante Galicia.

Gerpe agarda as indicacións da agrupación local “cun argumentario válido de porque non se executa a moción”, porque esta iniciativa está provocando “uns danos colaterais” que non quere asumir en solitario o edil, porque foi unha decisión maioritaria dos militantes.

Entende que Aurelio Sánchez debería de ser expulsado do PSOE 

Sinala ao secretario xeral do PSOE, Aurelio Sánchez Seoane, como a persoa que “xestionou todo co PP” e que incluso “mandoume a moción por Whatsapp”, polo que o acusa de “mentir” e de cambiar de postura nunha actitude que está danando a “honorabilidade” de persoas como o secretario provincial, Julio Sacristán, que o único que fixo foi recoller o sentir maioritario a prol da moción dentro da agrupación local.

Abraham Gerpe pensa que por esta actuación, Sánchez Seoane, debería ser expulsado da organización.

abraham-gerpe

“A moción foi deseñada para intentar mellorar Coristanco, non para que se pelexe o PP co PSOE”

Ademais non quere que se perda de vista a situación do concello porque “a moción foi deseñada para intentar mellorar Coristanco, non para que se pelexe o PP co PSOE”.O concelleiro socialista fala “do escenario político que hai en Coristanco, con perda de subvencións, un goberno ditatorial, cun alcalde que non se quere acercar á oposición”.

Gerpe insiste en que o que lle preocupa son os veciños:”os veciños de Coristanco non son veciños de partidos, e hai que buscarlle solucións aos seus problemas.Teñen os impostos máis altos da volta e teñen os peores servizos e as súas licencias están paradas desde fai anos”.

Agora asegura que agarda as indicacións e lembra que dous dos membros da executiva o acompañaron para asinar a moción de censura.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos