2.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Laura Mariño:“É poñer ao raposo a coidar das galiñas»

Declaracións a Adiante Galicia.A voceira do BNG critica a xestión de Amancio Lavandeira pero pensa que a moción de censura non é a solución.

“Hai xente que non ten palabra”

A portavoz municipal do BNG non está de acordo coa moción presentada por PP e PSOE en Coristanco:”Faise un tripartito para desbancar a quen deixou ó concello de Coristanco nesta situación e agora os que se erixen como salvadores son os que deixaron o concello así. É poñer o raposo a coidar das galiñas”.

Laura Mariño afirma non “compartir esta maneira de facer as cousas do PSOE” e ten palabras críticas para o aspirante á alcaldía Abraham Gerpe:”Hai xente que non ten palabra e que se lle da ben xogar a dúas bandas”.

“Isto non é o que Coristanco necesita, é un paso atrás”

Tampouco aproba a xestión de Amancio Lavandeira pero pensa que neste momento pode ser o mal menor:”Somos críticos con Amancio pero tamén o somos co Partido Popular. Isto non é o que Coristanco necesita, é un paso atrás”. A concelleira nacionalista pensa que “o lóxico sería acabar a lexislatura e logo o pobo diría”.

Lembra que co goberno tripartito “tentamos darlle  a volta a unha situación herdada do Partido Popular” e que o final “tivemos motivos máis que fundados para deixar o goberno pero de ai a apoiar algo así..”. 

Mariño Taibo cualifica a situación de “esperpento” pero aclara que aparte da propia valoración “non podemos facer nada para evitar isto”. O que si ten claro é que esta moción de censura “non nós leva a ningún lado”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos