15.6 C
Santa Comba
jueves, abril 18, 2024

Desacordos coa moción de censura presentada en Coristanco

O PSdeG convoca á executiva provincial para falar sobre a moción de Coristanco. Declaracións en contra de Juan Díaz Villoslada. Reaccións  de BNG,En Marea, Compromiso por Galicia e do PP.

Desde que sete concelleiros presentaran unha moción de censura para desbancar da alcaldía a Amancio Lavandeira, o debate está aberto e posiblemente siga a cousa crispada ata o mércores 23 de agosto, data da celebración do pleno.

Leiceaga e Villoslada critican a moción

A declaración de apoio do secretario provincial do PSOE, Julio Sacristán tivo como contrapeso a oposición de Xoaquín Fernández Leiceaga. Outro dos precandidatos, o deputado autonómico Juan Díaz Villoslada tamén se posiciona en contra da moción:“Este tipo de cousas son as que nos fan retroceder e deixar a liña de coherencia que o partido empezou xa a recuperar con Pedro Sánchez, e que nos está a facer remontar en toda España”.

Esta tarde, desde as 19,30h reúnese a comisión executiva provincial socialista para tratar sobre este polémico asunto.

En Marea, BNG e Compromiso

A voceira local do BNG, Laura Mariño, tamén considera un paso atrás e unha decisión errada esta moción de censura e recriminou a falta de palabra do voceiro socialista, Abraham Gerpe.

O secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro Docampo, achegouse a Coristanco para expresarlle o seu apoio ao alcalde Amancio Lavandeira.Esta é a valoración do voceiro galeguista:”Que actuación tan vergoñenta e tan falta de dignidade, este personaxe do PSOE quere vender que é por evitar unha paralise, pois no canto de venderse o PP, podían levar inicitaivas ós órganos de goberno e falar. Todo mentira. Esta si que é cara do PSOE e chamase existencialismo, todo lles vale”.

Desde En Marea Coristanco tamén rexeitan esta moción na que Abraham Gerpe “vai ser investido alcalde por 6 concelleiros do Partido Popular máis corrupto de toda a comarca ou incluso da provincia”.

Desde En Marea recoñecen que a situación política era insostible “pero tamén chama a atención o feito de que o PP non pida ningunha área de traballo, polo que nos xorde a pregunta de como pretende gobernar sendo o único edil do partido”.Entenden que despois da moción vaise “restaurar o antigo réxime en Coristanco, que representan Antonio Pensado e os seus compañeiros de partido”.

Declaracións de Diego Calvo

O presidente provincial do Partido Popular, Diego Calvo asegurou que o PP podería desautorizar a moción:”A moción non se nos explicou a pesar de que llo pedimos ao partido en Coristanco, e se non a entendemos, o máis probable é que non a autoricemos”.

En declaracións ao xornal ABC, Calvo, aclarou que a moción non ten validez senón conta co respaldo do PSOE e lembrou que “Pedro Sánchez non está polo labor de pactar co PP, a pesar de que as súas bases digan o contrario”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos