11.6 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

O concello de Fisterra protesta polo recorte das axudas da Xunta para camiños rurais

José Marcote:”Xa que “a economía vai tan ben polo menos que manteñan as axudas”

Moción aprobada cos votos de PSOE, BNG e CG

A corporación local de Fisterra aprobou unha moción na que traslada á Xunta de Galicia o seu rexeitamento polo “escandaloso e inxustificado recorte” das axudas do plan de camiños rurais da Xunta de Galicia, que no caso de Fisterra en 2014 foron de 25.685 euros, no 2016 ascenderon a 42.806 euros e neste ano baixaron ata os 18.568 euros. 

Ademais piden que se reduzan as subvencións nominativas e se aumenten as “subvencións directas con importes prefixados”.O alcalde de Fisterra,José Marcote, dixo que xa que “a economía vai tan ben polo menos que manteñan as axudas” e pediu á Xunta que copiara da Deputación da Coruña.

O voceiro do Partido Popular, José Manuel Traba, pensa que con plans como os da Deputación “Fisterra sae perdendo” e aprobar esa moción “prexudicar ao pobo” xa que en ocasións as subvencións nominativas poden servir para corrixir situación.

Xan García Pouso pensa que estas axudas da Xunta son froito “dunha decisión política” e expresou o seu apoio ao texto aínda que pensa que “tiña que ser máis forte” nas súas críticas.

Preguntas rexistradas por escrito

Un asunto que provocou as críticas da oposición foi o anunciou feito polo alcalde que informou que “as preguntas hai que rexistralas a partir de agora”. Xan García Pouso pediulle a Marcote que seguira sendo “un alcalde transparente” e que “non se deixe arrastrar” polo que denominou como “o efecto da rúa peonil”.

Marcote indicou que deste xeito e aínda que as preguntas se rexistren o mesmo día do pleno tería tempo para preparar as respostas.Nesta sesión, o portavoz do PP preguntou pola licenza dunha empresa e presentou varias por escrito.

O despezamento do Casón

Pola súa banda o portavoz de Converxencia Galega, interesouse pola situación do despezamento do Casón. José Marcote sinalou que se solicitou o expediente a través do Parlamento de Galicia, e que tamén se fixeron consultas coa asesoría xurídica do concello.

 Xan García tamén preguntou pola atención no Castelo de San Carlos, que está atendida mediante un contrato de servizos por importe de 18.000 euros, e que conta con dúas persoas contratadas polo concello traballando no mesmo recinto. O alcalde asegurou que non había nada irregular neste asunto. A raíz da pregunta de García, desde o goberno anunciouse que o pleno dos orzamentos terá lugar para a vindeira semana.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos