14.7 C
Santa Comba
jueves, septiembre 5, 2024

Fisterra debate sobre a peonalización e o plan de camiños da Xunta

Este luns celébrase un pleno onde se debaterá unha moción do bipartito PSOE-BNG e outra do Partido Popular.

O PP pide que se paralice a peonalización

Un dos temas candentes na sociedade de  Fisterra chega ao salón de plenos. A peonalización da rúa Real e da praza da Constitución será obxecto de debate no pleno ordinario que se celebra este luns 7 de agosto no concello.

O portavoz do Partido Popular e exalcalde, José Manuel Traba, defenderá unha moción na que se pide que se deteñan as medidas impulsadas polo executivo local e se paralice o corte de acceso rodado as citadas rúas, mentres non se elabora un plan de mobilidade e se acade o consenso con veciños e comerciantes

Os populares queren que este plan de mobilidade acolla un estudo socioeconómico que apoie a medida, cun regulamento de horarios, delimitación da superficie, mellora da sinaléctica e onde se recollan as “especificidades de Fisterra”. 

Desde o PP lembran que existe unha desaprobación “moi maioritaria” ao plan promovido polo executivo local.A moción será rexeitada con toda probabilidade polo grupo de goberno, que leva tempo defendendo a actuación realizada. Podería obter o apoio do edil de Converxencia Galega, Xan García Pouso, aínda que é insuficiente para que se aprobe.

O goberno de Fisterra rexeita os recortes da Xunta

O goberno do PSOE e BNG presentaron unha moción para que a corporación exprese o seu rexeitamento ao “escandaloso e inxustificado recorte” das axudas do plan de camiños rurais da Xunta de Galicia, que no caso de Fisterra en 2014 foron de 25.685 euros, no 2016 ascenderon a 42.806 euros e neste ano baixaron ata os 18.568 euros.

As formacións que lideran o alcalde José Marcote(PSOE) e o tenente de alcalde Xan Carlos Sar(BNG)piden que se recupere como mínimo o importe das axudas do ano 2016. Tamén propoñen que se reduzan as subvencións nominativas e se aumenten as “subvencións directas con importes prefixados”.

No texto da moción destacan tamén a baixada das partidas para a fixación da poboación no medio rural, algo que critican e definen como un “maltrato ao rural” por parte do goberno de Alberto Núñez Feijóo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos