12.7 C
Santa Comba
jueves, septiembre 5, 2024

O goberno local asegura que Coristanco sae do pozo económico

Se este goberno logrou liquidar unha débeda de máis de 3 millóns en dous anos, por qué antes a débeda de Coristanco en vez de sanearse medraba constantemente? pregúntanse desde o executivo local.

Falan de recuperación económica

O goberno local de Terra Galega en Coristanco fixo públicos os datos sobre o peche do exercicio 2016, cun saldo de 4,3 millóns de euros o que considera “unha noticia moi positiva” xa que “con estes cartos pagaranse as facturas pendentes e liquidarase, no prazo máis breve posible, a débeda pendente cos provedores, que alcanza os 2.763.822,48 €”.

Desde o executivo que preside Amancio Lavandeira destacan que en só dous anos “logrouse liquidar a débeda acumulada polo goberno anterior que superaba os tres millóns de euros” e tamén reducir o período medio de pago a provedores.

Sinalan que “esta débeda afogaba as contas do concello” paralizando moitas iniciativas pero a partir de agora “as axudas económicas doutras administracións ao Concello poderán investirse en obras en vez de utilizalas para pagar a débeda”.Nun comunicado de prensa aseguran que esta “recuperación económica” é o resultado “dun gran esforzo de aforro e redución de gastos”.

Preguntas ao anterior goberno do PP

-Se este goberno logrou liquidar unha débeda de máis de 3 millóns en dous anos, por qué antes a débeda de Coristanco en vez de sanearse medraba constantemente?- pregúntanse desde o goberno local, e aínda que non fan mención directa, a pregunta vai dirixida ao anterior executivo liderado por Antonio Pensado Plágaro.

– Onde se investiron eses cartos? Onde están?, tamén se preguntan desde o goberno de Terra Galega.

“Pola nosa parte, seguiremos traballando e centrando os nosos esforzos en que o noso Concello siga progresando e deixe de estar á cola dos demais concellos da comarca” engaden.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos