Manuel Muíño sinala que a apertura é inminente e fala dunha cuestión burocrática. A Xunta ditou o peche preventivo, xa que un dos socorristas non figuraba no rexistro oficial.
David Gómez pediu explicacións ao alcalde
Tanto o BNG como o PP tiñan ganas de falar da piscina municipal, que leva pechada desde o pasado 24 de xullo. E foi o asunto estrela da sesión ordinaria de agosto, que se conformaba de asuntos de trámite.
O portavoz popular, David Gómez, pediu explicacións. E hóuboas, no medio dun debate caldeado, como se percibe no video gravado polo único medio de comunicación presente no salón de plenos, Adiante Galicia. Gómez dixo que tiña “constancia dunha posible contratación irregular” e referiuse a “apertura dun expediente disciplinario”, algo que levou ao mandatario a pedir que constara na acta e a interesarse pola gravación das imaxes.
Muíño asegura que o PP verteu información falsa
O alcalde,Manuel Muíño, fixo alusión as “informacións privilexiadas” que tiña o concelleiro popular e anunciou que “vai ter que responder a consellería das manifestacións que fixo vostede”.
“Esa información é falsa” sostivo o rexedor, que explicou que se contrataron dous socorristas “con título” (“porque tes que telos, non me veñas vendendo o favor” rebatía Gómez Brandariz) e que a propia Consellería de Sanidade autorizou a apertura do servizo.
Muíño Espasandín aclarou que o socorrista,que motivou a polémica,solicitou a inscrición no Rexistro Xeral de Socorristas Acuáticos de Galicia, cando asinou o contrato, algo que segundo o alcalde está permitido.
“Pechamos a piscina porque nos dou a gana”
Pero aos poucos días houbo unha inspección e comprobouse que se denegada a inscrición do socorrista no devandito rexistro, se ben segundo Muíño o 24 de xullo “pechamos a piscina porque nos dou a gana, non por obrigación”.
O 26 de xullo desde Sanidade ditar unha resolución de peche preventivo do vasco da piscina de Zas, pero o alcalde afirmou que se presentaran recurso (un mes de prazo) non terían porque pechar este servizo.
“Pero a piscina está pechada”
“Pero a piscina está pechada” manifestou David Gómez. O alcalde asegurou que nun par de días estaría de novo operativa pero avanzou que ía a presentar unha reclamación formal diante da Xunta e está convencido de que “van a modificar o seu protocolo porque e unha verdadeira chapuza”.
Acusou ao PP de “alarmar” a poboación cando non había ningún perigo e se trataba dun “requisito burocrático”. Tamén negou que esta circunstancia derivada en multas “Non hai ningún expediente, nin hai sanción de 15.000 euros como dixo vostede”.