5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

O BNG denuncia a grave situación na que se encontra Coristanco

O BNG critica o “papel de vítima” que adopta o alcalde Amancio Lavandeira e lamenta a falta de iniciativa do goberno de Terra Galega.

A portavoz do BNG de Coristanco,Laura Mariño, denuncia a “grave situación” que se vive no concello de Coristanco cun executivo de Terra Galega que “non está sendo capaz nin tan sequera de executar obras xa aprobadas e subvencionadas por outras entidade”. Lembra que só da Deputación “hai pendentes de executar 1,3 millóns de euros”.

Para Mariño Taibo a falta de proxecto e de iniciativa do goberno de Amancio Lavandeira quedou demostrada no último pleno no cal “non houbo ningún tipo de proposta por parte de TEGA” e que durou uns 15 minutos porque a oposición non quixo plantexar nin rogos nin preguntas en sinal de protesta.

 

“O goberno non leva absolutamente ningunha proposta”

“Son moitos xa os plenos nos que o grupo de goberno non leva absolutamente ningunha proposta ou actuación, nin tampouco nas resolucións de alcaldía se aprecia movemento e actividade” explican desde o BNG que non entende, por exemplo, “como o servizo de limpeza das instalacións públicas leva parado desde febreiro, cos graves prexuízos que isto está ocasionando, sobre todo, nos centros de ensino”.

Tamén recriminan que “cuestións xa acordadas por toda a corporación” non se leven ao pleno como é o caso da ordenanza de deportes coordinada pola edila Verónica Facal.

“Xa non valen as reiteradas escusas por parte do señor alcalde, que opta por seguir adoptando o papel de vítima e culpar aos demais da parálise na que se atopa o concello” manifesta Laura Mariño, que recoñece a situación “nefasta” herdada polo novo goberno “ despois de 24 anos de goberno do Partido Popular” pero indican que “non podemos calar ante a falta de xestión e propostas por parte de quen se supón que é o Alcalde deste Concello”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos