13.1 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

A Xunta oponse á venda das centrais hidroeléctricas

17:15- Comunicado do Comité de empresa de Ferroatlántica na Costa da Morte (íntegro)

Este mesmo mércores, o Comité de Ferroatlántica recibía comunicación de parte do Conselleiro de Industria informando da resposta negativa de Augas de Galiza á petición de segregación de actividades formulada pola empresa. Esta noticia vén dar á razón aos argumentos defendidos polos traballadores e traballadoras que, dende hai dez meses, están desenvolvendo unha loita histórica contra a espoliación dos nosos recursos, en defensa dos empregos e o futuro da comarca.

A negativa de Augas de Galiza confirma que as pretensións do Grupo Villar Mir son ilegais, por máis que a empresa buscara lexitimar social e xuridicamente esta operación, recorrendo mesmo a prácticas de tipo mafioso. Non é posíbel, e así o defendemos dende o primeiro momento, desvincular a  produción enerxética da produción de ferroaliaxes, pois esta unidade é a única garantía do interese público: do mantemento dos empregos, da industrialización da comarca e da actividade nas factorías de Cee e Dumbría.

Unha loita na que o Comité de empresa e a CIG conseguiron involucrar a toda a Costa da Morte, pois o que está en xogo é o futuro da comarca. Para a historia quedan as multitudinarias manifestacións do 10 de marzo en Cee e do pasado 8 de xullo en Santiago de Compostela, nas que miles de veciños e veciñas amosaron con rotundidade o rexeito á segregación e venda das nosas centrais. A este respecto, agradecer aos alcaldes da comarca, aos veciños e veciñas e aos partidos políticos o gran apoio amosado durante todo o conflito.

Á espera de coñecer os pormenores da resolución de Augas de Galiza, o Comité non pode deixar de lamentar a demora na resposta da Xunta, nunha cuestión na que a legalidade era ben clara, prorrogando innecesariamente a inquedanza e a preocupación dos traballadores e traballadoras.

Doutra banda, tamén esperamos que esta resolución denegatoria aclare definitivamente que non existe marco legal para que a empresa poida levar adiante a segregación de actividades. Agardamos que a resolución sexa precisa neste sentido para que non se volva repetir unha situación similar no futuro.

Agardando que sexa do voso interese.

Foto arquivo

16:05- Valoración de Ana Pontón

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, parabeniza ós traballadores e traballadores das plantas de Ferroatlántica en CEE e Dumbría, aos alcaldes, a Costa da Morte e a todas as persoas que se mobilizaron durante meses “en contra da pretensión de venta ilegal das centrais dos Ríos Xallas e Grande por parte de Villar Mir”.

Despois de coñecer a noticia, Pontón sinalou que “estou convencida que sen esa unidade en defensa do país, do emprego, da dignidade da Costa da Morte e de Galiza o resultado sería radicalmente oposto”.Pide que se remita o informe ao Parlamento e agarda que este sexa contundente e peche calquera porta sobre a venda das concesións. 

“Temos que reclamarlle a Villar Mir que eses beneficios deben reverter en crear máis emprego na comarca, en modernizar as fábricas, en definitiva, en que os cartos que saca Villar Mir facendo caixa coas centrais que son unha concesión pública non poden seguir emigrando fora, teñen que reverter en crear máis emprego. Esta debe ser a primeira esixencia da Xunta ao grupo empresarial de Ferroatlántica”,engadiu Ana Pontón.

15:45- Informe negativo da xunta

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo comunicou a varios alcaldes da Costa da Morte que o informe emitido por Augas de Galicia é negativo para os intereses de Ferroatlántica e polo tanto oponse á venda das centrais hidroléctricas dos ríos Xallas e Grande.

Un dos alcaldes cos que se comunicou Núñez Feijóo foi con Ramón Vigo Sambade, rexedor de Cee, que confirmou a nova a través das redes sociais esta circunstancia.Tamén o conselleiro de Industria, Francisco Conde compartiu o anuncio con outros rexedores da zona e cos representantes do Comité de empresa de Ferroatlántica na zona. Os alcaldes da Costa da Morte manterán unha xuntanza con Feijóo nos vindeiros días.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos