4.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Festa do Percebe:Vinte e cinco anos dun magnífico evento

Novo éxito desta festa declarada de interese turístico. Repartíronse 2.200 racións.

 

2.200 racións esgotadas e moita festa

“Vinte e cinco anos da Festa do Percebe do Roncudo de Corme, en Ponteceso, Vodas de prata dun dos mellores mariscos do mundo! A por outros 25 e máis aló!”. Esta era a mensaxe que difundía a través das redes sociais a conselleira do Mar, Rosa Quintana con motivo dunha nova edición da Festa do Percebe do Roncudo este pasado 15 de xullo.

A Festa do Percebe celebrou as súas vodas de prata cun estupendo ambiente e co reparto de 2.200 racións que se distribuíron cos 750 quilos de crustáceos que había para esta xornada. O marisco esgotouse nunhas catro horas.

 

Aurelio Núñez foi o pregoeiro

O pregoeiro foi o deputado autonómico Aurelio Núñez Centeno que se sentiu “orgulloso e agradecido” pola elección. Tamén asistiron a conselleira do Mar, Rosa Quintana, a Directora Xeral de Turismo, Nava Castro, e o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, entre outros.

A nota negativa estivo nas queixas desde a confraría de Corme pola falta de apoio da hostalería do pobo, segundo recolleu o Diario de Bergantiños. Desde a súa conta de Facebook, a organización destacou o “éxito” do evento e agradeceu o esforzo e o traballo dos voluntarios, forzas de seguridade, Protección Civil, persoal sanitario e dos propios percebeiros.

A primeira edición foi en 1992

“Ata fai pouco era impensable organizar unha Festa do Percebe” declaraba o 4 de xullo de 1992 o daquela conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, que asistía a I Exaltación do percebe do Roncudo onde se repartían 600 kilos do egrexio produto.  Xunto del o alcalde de Ponteceso, Ramón Saleta, o vicepresidente da Deputación, Moisés Rey e o patrón maior, Inocencio Suárez.

 Era o comenzo dun evento que hoxe ocupa figura con nome propio no calendario de festas de Galicia. Aquel ano o pregoeiro foi o locutor da Radio Galega, Marcial Mouzo, que como curiosidade, vinte e cinco anos despois era o pregoeiro das festas do Carme de Camariñas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos