9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Amancio Lavandeira contraataca e Verónica Facal responde con contundencia

//O alcalde volve a reprochar a súa “clara traizón”// Verónica Facal:“O alcalde está en Tega porque non lle foron fructíferas as negociacións noutro partido”//.

O alcalde fala dun caso típico de transfuguismo

O alcalde de Coristanco, Amancio Lavandeira, utilizou os micrófonos de RadioVoz Bergantiños para criticar a postura da concelleira Verónica Facal, xa que opina que “unha persoa cando non se atopa a gusto nun grupo o que debe facer é marchar e deixar a acta para que entre o seguinte da lista”.

Lavandeira recoñece que o goberno “queda máis debilitado se cabe” e considera que “hai que ser leais a unhas ideas” e matizou que “o procedemento non foi o correcto” e que o de Facal é “un caso típico de transfuguismo”.

Para o alcalde de Coristanco estamos ante “unha clara traizón a todo un grupo” e pensa que con esta actitude “pode haber sospeitas de moitas formas” e insinuou que a exconcelleira de Deportes “igual xa levaba tempo pensando nesta situación”.

Amancio Lavandeira considera que  o tempo castiga este tipo de condutas e que se Verónica Facal renunciara a acta quedaría “limpa” para poder encabezar ou formar parte dunha candidatura nas vindeiras eleccións.

“O alcalde está en Tega porque non lle foron frutíferas as negociacións noutro partido”

As declaracións de Lavandeira provocaron a reacción da actual concelleira non adscrita, que asegurou que se o alcalde estaba en Terra Galega era porque “non lle foron frutíferas as negociacións que tivo fai dúas lexislaturas para ir noutro partido político local, e creo que non fai falta que diga cal que a pesar de que sempre o negou como fai sempre, se se teñen as reunións nos bares sempre hai quen vexa”.

Verónica Facal insistiu en que levaba “máis dun ano avisando  de que ou se facían ben as cousas ou marchaba”. E a través da súa conta de Facebook, a concelleira puxo varios exemplos de aspectos da xestión do goberno coas que discrepa.

As contratacións a dedo, a externalización de servizos que tanto criticaba Lavandeira desde a oposición, ou actuacións cun dubidoso prezo como as da piscina, forman parte do relatorio de queixas de Facal.

Tamén se queixa da falta de orzamento do departamento de Deportes porque se “gastou descontroladamente noutras áreas tirando da partida de deportes”, ou do excesivo gasto en xeral con casos concretos que xa sairon no último pleno como o de o aluguer dunha máquina desbrozadora “tendo a de propiedade do concello parada”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos