11.6 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Santa Comba e Mazaricos reciben 2,7 millóns en axudas agrarias

Os dous concellos da comarca do Xallas foron os que máis explotacións INCLUIRON de toda a provincia Nos plans de mellora da Xunta de Galicia.

Os concellos de Mazaricos e Santa Comba son os dous municipios da provincia da Coruña con máis explotacións beneficiadas en 2016 a través da Orde de subvención da consellería do Medio Rural para investimentos en plans de mellora e incorporación de mozos e mozas por primeira vez a empresas agrarias.

Segundo a Xunta de Galicia, once ganderías de Mazaricos e outras tantas de Santa Comba beneficiáronse da liña de axudas para financiamento de investimentos para a mellora das explotacións mediante a compra de maquinaria, elaboración de proxectos técnicos, licenzas, reformas, permisos, plantacións, compra de novos terreos ou adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos. A media das subvencións supera os 60.000 euros.

Nesta orde tamén se apoia a incorporación de mozos ás actividades agrarias e gandeiras. No caso de Mazaricos acolléronse a estas axudas, que teñen unha contía media de 40.000 euros, un total de 18 novos agricultores e gandeiros. En Santa Comba foron 20 as solicitudes aprobadas.

A consellería de Medio Rural apoiou o ano pasado a 146 titulares de explotacións  agrarias na provincia da Coruña, achegando axudas que suman 8,9 millóns de euros e aprobáronse 164 solicitudes de achegas para a incorporación de mozos ás actividades agrarias e gandeiras, cun investimento de 6,7 millóns de euros

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos