París de Noia, New York, Jerusalén, Bomba, Venezia, Tekila e Galilea actuan nos festexos que de 2017 que manteñen a tradición da Danza de Arcos, procesión marítima, lumes de artificio, e a sardiñada popular.
Catro días intensos que se agardan na vila dos encaixes. A pesares dos problemas iniciais, logrouse conformar unha comisión de festa que deseñou un atractivo cartel.
O sábado 15 de xullo haberá unha mini procesión infantil, a actuación do antiguo grupo de gaitas de Camariñas, unha homenaxe ao defunto párroco Jesús Nieto Baneira e un pregón a cargo do locutor da Radio Galega,Marcial Mouzo. A primeira verbena terá como protagonista á orquestra Galilea. Tamén estará a discoteca móbil Impacto.
O domingo 16 de xullo é o día da Virxe do Carme e as rúas contarás coa animación dos grupos de gaitas de Camariñas, Abrindo o Rejo, Con todo en Banda,da banda de música de Rianxo e da Charanga BB+. Non faltará a tradicional danza de arcos, a procesión marítima, sesión vermouth, a potente traca de bombas e pola noite verbena co Tekila e New York, coa sempre chamativa sesión de lumes de artificio.
As celebracións continúan o 17 de xullo. A música correrá por conta do grupo Bomba e da orquestra Jerusalén. Tamén actuará a banda de música de Cee.
Por último, o 18, é o día da sardiñada popular na Area da Vila. Aparte das actuacións folclóricas, estará en Camariñas a Charanga Mekánica. Pola noite pechará o programa de verbenas a orquestra París de Noia que prosegue co seu exitoso tour “París Pa Ti” e Venezia, que conta nas súas ringleiras coa vocalista camariñana, Yolanda Canosa, que afronta a súa primera tempada nesta formación.
Yolanda Canosa Pena
Foto portada- Víctor Hugo- Facebook Festas do Carme