5.2 C
Santa Comba
sábado, diciembre 2, 2023

Camariñas acolle un pleno extraordinario distinto ao solicitado polo PP

Pleno extraordinario este luns no concello de Camariñas.

O concello de Camariñas celebrará un novo pleno extraordinario este próximo luns 3 de xullo. Pero non será o pleno solicitado polo grupo municipal do Partido Popular.

Nesta sesión, convocada para as 14,30h  tratarase sobre a “declaración de incompatibilidade sobrevida  de Manuel Valeriano Alonso de León suxeita a suspensión de ser interposto interesado recurso para a protección dos dereitos fundamentais”.

Ao parecer a solicitude de pleno extraordinario do PP, avalado polas sinaturas, foi denegado pola alcaldía. Algo moi criticado polos populares:”Ademais de non dar explicacións nos últimos plenos as preguntas, agora xa non deixa nin que se poidan chegar a acordos necesarios, e impídese o cumprimento da Lei. Recoñece a súa incompatibilidade (advertida polo PP de Camariñas desde o principio) pero quere prolongar a situación sen pensar nos problemas que lle acarreará os seus veciños, e comprometer o Pleno nun acordo que pode ser constitutivos de ilícito penal”.

O grupo que lidera Mauro Aufiero, pediu un pleno para que, seguindo as indicacións dos informes de secretaría e intervención, se efectuara a toma de coñecemento da situación de incompatibilidade do rexedor e que se tramitara a credencial do novo concelleiro que debería de substituir a Alonso de León.

Pero o punto incluído na orde do día non recolle as propostas dos populares que se queixan do proceder do alcalde:”Lembramoslle o señor Valeriano que o pleno non ten competencias para interpretar a Lei, e nunca faremos nada contrario a mesma como é o que está pedindo nesta ocasión, nin coartaremos a liberdade de expresión dos veciños como vostede fai o denegar a solicitude do noso pleno” indican nunha nota de prensa.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos