Jorge Mira animou a xuventude e aos maiores a gozar dos festexos nesta “capital histórica da movida”. París de Noia e o grupo Bomba protagonizaron a primera verbena.
O pregón de Jorge Mira
As festas de San Pedro de Santa Comba comenzaron con choiva pero tamén con gañas de festa. E co pregón “dun de Baio que ven a unha terra na que se sentiu sempre ben acollido”.
Así se definiu o físico Jorge Mira que era o encargado de coller o relevo de Ángel Carracedo como pregoeiro “nunha das capitais históricas da movida”. Precisamente aludiu “ás historias de amor e outras máis carnais” que se viviron nesta localidade nesas longas noite de marcha.
“Sodes un concello grande, tedes unha igrexa moi moderna, unha estrela Michelín e co wolframio de Variongo ata case cambiastes a historia do país” sinalou Mira, que non se esqueceu da producción leiteira e do “carácter internacional” da capital do Xallas.
Agradecementos da comisión de festas
A alcaldesa xalleira, María Pose, foi a encargada de presentación do evento e non quixo deixcar pasar por alto o traballo que fai a comisión para que Santa Comba poidera contar “cunhas grandes festas”
Tamén interveu Rocío, unha portavoz da comisión que agradeceu o apoio municipal, dos comerciantes e dos veciños, nos dous anos que leva traballando este activo grupo de mozos, que logrou darlle un impulso moi positivo ás tradicionais festas patronais.
Despois chegou a primeira verbena co Grupo Bomba e a orquestra París de Noia. A instalación dunha carpa impediu que a choiva desbaratase por completo esta primeira noite musical.
Este xoves terá lugar unha verbena coa orquestra Principal e con El Combo Dominicano. A Festas de San Pedro rematarán cunha última verbena este vindeiro sábado. Ata entón son días de divertimento en Santa Comba. O xoves 29 e o venres 30 de xuño son festivos locais.