Marbella, Foliada, Bomba, Alkar, Channel, Xacobeo e Dilema conforman o cartel musical do San Pedro porteño.
Coa tradicional sardiñada que se celebra no Campo do Outeiro comezan este mércores as festas na honra de San Pedro, na localidade camariñana de Ponte do Porto. Será o inicio a cinco xornadas de troula. A degustación gastronómica gratuita estará acompañada musicalmente por unha charanga.
O día do patrón, celebrarase a misa (13,00h) e unha procesión. Actuará o grupo de gaitas Abrindo o Rejo e a sesión vermouth estará amenizada pola orquestra Xacobeo que pola noite compartirá escenario co grupo Bomba.
O venres 30, será a festividade de San Antonio, con misa, procesión, sesión vermouth e verbena. Os protagonistas musicais deste día son a Orquesta Foliada e o grupo Alkar.
A renovada Orquesta Foliada actúa o venres
A orquestra Foliada, fundada no 1980, ten nas súas filas ao músico porteño Fran Rodríguez e tamén a un músico moi coñecido en toda a Costa da Morte, o trompetista Eduardo Cundíns. Conta cunha formación renovada cáseque na súa totalidade coa incorporación, entre outros , dos vocalistas Darien Polo “Polito”, Michael Cortez, Rocío Varela e Lidia Sueiro.
O sábado 1 de xullo é o día do Socorro. Oficios relixiosos coma de costume e a música co grupo Channel e a orquestra Marbella. As 9 da noite terá lugar unha baixada de carrilanas polo río, co patrocinio dos empresarios da localidade.
O domingo é o día do Sacramento, xornada que conta cunha importante devoción na vila. Despois da misa, a procesión percorrerá varios altares colocados en distintas rúas do pobo, e adornados con flores, co acompañamento da banda de música de Santiago.O encargado da animación musical na sesión vermouth e na verbena será o grupo Dilema.
A comisión de festas está composta por Juan de Dor, Laura Rial, Martina Martínez, Sebastián, Miguel e coa axuda da concelleira Sandra Ínsua Rial.