13.6 C
Santa Comba
lunes, noviembre 4, 2024

Arrancan as festas de San Pedro 2017 en Santa Comba

A orquestra París de Noia e o grupo Bomba  estrean o cartel de festexos de San Pedro de Santa Comba esta noite, despois do pregón de Jorge Mira.

Primeira verbena con París de Noia e o grupo Bomba

Santa Comba está de festa. Catro días de actuacións musicais, atraccións de feira e actos relixiosos na capital do Xallas. A xove comisión de festas volveu a deseñar un cartel cheo de referencias da verbena galega, que converterá a esta localidade nun centro de atracción comarcal.

Este mércores as 22,00h actuará a Escola de música tradicional de Santa Comba e media hora máis tarde o físico e divulgador científico Jorge Mira será o encargado da lectura do pregón. Despois terá lugar a primeira verbena coa orquestra París de Noia e o grupo Bomba.

El Combo Dominicano, Galilea e Principal

O xoves 29 de xuño é o día do patrón, San Pedro. A escola de música tradicional ofrecerá un pasarrúas e logo chegará a misa e a procesión(13,00h). A orquestra Principal encargarase da sesión vermouth e  pola noite acompañará a El Combo Dominicano na verbena.

A festa seguirá o venres na honra a San Antonio(misa as 13,00h). Sesión vermouth con Galilea e verbena con Galilea e a discoteca móbil Chocolate. E o sábado 1 de xullo(que coincide coa feira tradicional), haberá unha misa na honra da Virxe do Carme, sesión vermouth con Dilema e pola noite pecharanse os festexos con Dilema e a discoteca móbil Sonora Music.

No campo da feira habilitouse unha carpa en previsión de posible choiva. E para que nada impida catro días de festa rachada. O traballo da comisión e o apoio de veciños e casas comerciais fan posible estas celebracións de gran nivel. O concello de Santa Comba colabora coa organización con medios humanos e cunha subvención de 5.000 euros.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos