19.2 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

PP e PSOE apoian o Plan Industrial de Ferroatlántica no pleno de Arteixo

Ricardo García Mira pide no Congreso que se respecte a legalidade// O Comité presenta alegacións á solicitude de Ferroatlántica e a empresa segue movendo as súas fichas.

A corporación de Arteixo votou a favor do Plan Industrial de Ferroatlántica que levaría consigo a segregación das centrais hidroeléctricas da Costa da Morte. Algo que conta cun potente rexeitamento na Costa da Morte.

O alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo(PP) e os voceiros Martín Seco(PSOE) e Charo Figueiras(Tega) defenderon   a moción de apoio á proposta presentada polo Grupo Villar Mir. A voceira nacionalista Silvia Seixas(BNG) optou pola abstención e deixou claro que está en contra da segregación.

Fai uns días, o deputado socialista Ricardo García Mira, solicitou na comisión de Enerxía do Congreso dos deputados que que cumpra coa legalidade vixente que impide a segregación das fábricas e das centrais.

Mentres se agarda coñecer o informe da Xunta de Galicia, Ferroatlántica segue movendo as súas fichas e propuxo que se constitúa unha comisión mixta de seguimento para que se “vigile el cumplimiento de los compromisos industriales y de creación de empleo”, o que segundo a empresa reforzaría as esixencias e sancións da Xunta ante posibles incumprimentos por parte da empresa.

Pero os traballadores das factorías de Cee e Dumbría e das centrais hidroeléctricas da Costa da Morte tampouco están quedos. Tamén nas últimas datas presentaban alegacións ao trámite aberto pola Xunta de Galicia con respecto a petición de Ferroatlántica para poder segregar as actividades.

O documento foi supervisado polo profesor da Universidade de Santiago Carlos Aymerich, que sinalou que Ferroatlántica solicita a supresión da cláusula de non segregación, e coas sentenzas xudiciais que existen, a Xunta non tería ningunha obriga legal de acceder a petición.

Á espera do informe da Xunta, o comité de empresa prepara unha manifestación para o vindeiro 8 de xullo, as 12,00, en Santiago de Compostela. Tres días antes haberá unha marcha a pe desde Cee ata a Capital de Galicia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos