//Declarada de interese turístico de Galicia// O sábado sesión vermouth e verbena con Nueva Fuerza// O domingo terá lugar a tradicional feira en Paiosaco//
O sábado terá lugar o arranque da Festa das Cereixas. Xa pola mañá haberá dianas e alboradas e pola tarde un torneo aberto de Billarda na explanada fronte a gasolineira.A sesión vermouth e a verbena correrá por conta do popular grupo canario “Nueva Fuerza” que está presentando a súa xira “Con más Flow 2017”.
E o domingo 2 de xullo chegará a Feira das Cereixas, declarada de interese turístico galego cunha tradición que se remonta á idade media e que lonxe de renderse ao paso do tempo, o evento segue sendo un referente, polo arraigo que ten e toda a bisbarra e polo decidido apoio do concello da Laracha que se volca coa promoción desta histórica cita.
Como antecedente máis próximo temos a última feira, a do ano 2016, que foi un éxito de público e organización, con moita concorrencia no Campo da Feira de Paiosaco.
Entre os stands de venda de cereixas procedentes de distintos lugares, desde a comarca Bergantiños ata o “Valle del Jerte”, no faltarán outras actividades como un concurso de postres con cereixas que organiza a asociación de comerciantes ACSIL.
Amenizará a xornada a charanga os Amigos de Visantoña e a asociación cultural Queiroga e haberá sesión vermouth e verbena cunha actuación musical cunha sesión de lumes de artificio no descanso.