14.7 C
Santa Comba
jueves, septiembre 5, 2024

Terra Galega expresa o seu apoio incondicional a Laura Tasende

“A edil de TEGA denunciou no xulgado un intento de suborno para desbancar ao partido do goberno local do municipio, á fronte do que está Amancio Lavandeira (TEGA)” lembran desde o partido.

A direccion de Terra Galega expresou públicamente o seu apoio incondicional á concelleira de Coristanco, Laura Tasende “ante os feitos acaecidos na última semana na localidade”.

Nun comunicado asinado polo secretario xeral de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo, lembran que “A edil de TEGA denunciou no xulgado un intento de suborno para desbancar ao partido do goberno local do municipio, á fronte do que está Amancio Lavandeira (TEGA). Tasende, número dous da formación na localidade, denunciou a un empregado municipal que dixo falar en nome dun partido político e ofreceulle unha serie de propostas –económicas e laborais- para que a edil colaborase nunha presunta moción de censura. O obxectivo da mesma sería desbancar a Lavandeira da Alcaldía”.

Desde o partido aseguran que prestarán a Laura Tasende “todo o apoio que resulte preciso” e ante “a gravidade dos feitos” entenden que se presentara a oportunda denuncia.

Desde Terra Galega anuncian que non se pronunciarán máis públicamente sobre este asunto “ata que se resolva a denuncia presentada fai uns meses no xulgado debido a estes feitos”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos