16.3 C
Santa Comba
jueves, octubre 31, 2024

O PP pide un novo pleno para que o alcalde de Camariñas faga efectiva a súa renuncia

Os populares advirten:”Aos concelleiros que apoien o mantemento no posto ao Sr. Valeriano podería acarrearlles a acusación de presunta prevaricación por parte da Fiscalía”.

 

Un novo pleno en Camariñas antes do 13 de xullo

O Partido Popular de Camariñas ven de solicitar a celebración dun novo pleno extraordinario para “establecer a legalidade e a normalidade na vida municipal” mediante a toma de coñecemento da situación de incompatibilidade “ex lege” do alcalde Manuel Valeriano Alonso de León e que este acordo plenario se remita a Xunta Electoral Central, para que se tramite a credencial e entre na corporación un novo concelleiro en substitución do rexedor. Tamén pídese o traslado do acordo ao Xulgado do Penal número 3 da Coruña e ao Ministerio Fiscal.

 

O informe da interventora municipal coincide co da secretaria

Un acordo que se tratará nunha corporación na que ten maioría absoluta o grupo de goberno. Pero desde o Partido Popular advirten que “o acordo do pleno debe axustarse á legalidade vixente, por elo, os concelleiros que apoien o mantemento no posto ao Sr. Valeriano podería acarrearlles a acusación de presunta prevaricación por parte da Fiscalía tra-la orde da Delegación do Goberno unha vez teña coñecemento dese tipo de acordo alcanzado no pleno, e onde o Sr. Valeriano continuaría usurpando funcións”.

Así mesmo desde o PP confirman que un informe da interventora municipal coñecido este venres coincide co anterior da secretaria municipal e destaca a “incompatibilidad sobrevenida” de Pichurri no posto de alcalde.

Actos municipais nulos de pleno dereito

Os populares queren que se cumpra coa normativa vixente “para estes casos de inhabilitación e incompatibilidade, coa sustitución polo seguinte da lista do PSOE do posto que deixa vacante o Sr. Valeriano”.

Nun comunicado de prensa sinalan que o seu obxectivo é que “no menor prazo posible, poidamos,  e deixemos de ser agora mesmo un Concello sin firma e onde prácticamente todos os actos administrativos que intenta sacar adiante o Sr. Valeriano, levan o reparo e carácter suspensivo das funcionarias principais do Concello, sendo ademáis nulos de pleno dereito”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos