9.1 C
Santa Comba
martes, abril 9, 2024

Ángel Carracedo anuncia en Carballo o último pregón da súa vida

Arrancaron as festas do San Xoán na capital de Bergantiños co pregón de Ángel Carracedo.

Carballo está de festa. E como é habitual na praza do concello celebrouse a lectura do pregón, cun convidado de excepción, o  recoñecido xenetista e Catedrático en Medicina Legal, Ángel Carracedo.

“Este é o meu terceiro pregón e seguramente o último da miña vida, porque os pregóns só se poden dar nos sitios dos que se sinte un. Un foi en Santa Comba a miña terra natal nas festas de San Pedro; outro, o das festas do Apóstolo en Santiago, a miña terra adoptiva, e este ten que ser aquí en Carballo, a miña terra bergantiñá querida, que non sei que me pasa con ela pero canto máis estou máis me gusta seguir aquí” asegurou Ángel Carracedo.

O investigador referiuse a ligazón familiar que mantén con Carballo e coa comarca de Bergantiños:“Como moitos sabedes os Carracedo de Santa Comba somos de Rus”. 

Pero tamén no aspecto profesional (“Descubrín aquí en Carballo país e nais que son un exemplo do que fan con fillos con problemas”), e no educativo:“De cando en vez escollo algún rapaz para apadriñalo no seus estudios, e mirade que vou por toda Galicia, pero os últimos son todos de Bergantiños”.

Emotivo discurso de Evencio Ferrero

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, ofreceu unha emocionada intervención cun agradecemento a Carracedo, e unha lembranza para o policía local recentemente falecido, José Luís Garea, e para o tamén finado Paco Souto.

As Festas de San Xoán celebraranse ata o 26 de xuño. Non faltará o Concurso de Cachelas, a Festa do Bosque e o Descenso do Anllóns. Actuarán as orquestras Trébol,la última Legión,Compostela, Graffiti e  Israel, e tamén os Festicultores, Ce Orquestra Pantasma ou Lagartija Nick.Este sábado  23 de xuño, as 23,00h terá lugar a actuación estelar dos festexos a cargo de David Bustamante.

Consultar programa completo nesta ligazón

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos