18 C
Santa Comba
lunes, noviembre 4, 2024

“A día de hoxe no concello de Camariñas o alcalde é o único que está condenado por corrupción»

O Partido Popular critica “a actitude ditatorial e prepotente” de Pichurri no pleno do pasado martes.

O Partido Popular de Camariñas difundiu unha nota na que amosa  o seu rexeitamento pola “actitude ditatorial e prepotente do Sr. Valeriano co apoio dos concelleiros socialistas”. Aquí pode lerse a nota completa.

Aseguran que nese pleno quedou demostrada a catadura moral dun alcalde que utilizou a confianza dos votantes “para beneficiar aos seus militantes, por iso está condenado, e en ocasións a el mesmo”.

Recriminan a decisión de Alonso de León de non deixar pronunciarse á secretaria  no pleno do pasado martes e pensan que “Camariñas en estes momentos e máis parecido a unha pequena Venezuela que a un pobo da Costa da Morte”.

Críticas ao informe de Francisco Caamaño

O grupo que lidera Mauro Aufiero insiste na mensaxe das últimas datas:”O Sr. Valeriano está condenado a 4 anos de inhabilitación por prevaricación continuada”, e considera vergonzoso que se presentara no pleno “un informe feito por un catedrático de Dereito Constitucional que foi Ministro de Xustiza de este país que o mínimo entendemos que debería aparecer nese informe e que o Sr. Valeriano ten que cumprir a lei e non acompañalo a que siga infrinxindo a Lei”.

Reiteran que o informe emitido pola secretaria está claro e polo tanto o alcalde debería dimitir e dar paso a outro integrante da lista do PSOE. Lamentan que un ex ministro como Francisco Caamaño se “poña a carón dun corrupto sentenciado” mediante un informe.

“Non é a 1ª vez que este persoaxe se salta a Lei e se atreve a chamar corruptos e poñer en entredito a honradez dos demais, onde o PP quere recordarlle que a día de hoxe no Concello de Camariñas él é o único que está condenado por corrupción, e si di que ten a conciencia moi tranquila é que ten moi mala memoria”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos