14.7 C
Santa Comba
jueves, septiembre 5, 2024

Un suposto intento de suborno coloca a Coristanco no debate político galego

O PSdeG pide explicacións a Feijóo polo suposto intento de suborno en Coristanco.

A denuncia por parte da concelleira de Terra Galega de Coristanco, Laura Tasende, dun soposto intento de suborno xa atravesou as fronteiras comarcais  e colocouse na axenda política de Galicia.

Foi a presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, a que pediu hoxe ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo “que explique públicamente se respalda as prácticas do seu partido en Coristanco”, e asegura que se denuncia “un intento de suborno por parte do PP para apoiar unha moción de censura que lle devolva a alcaldía”.

Cancela dixo queres coñecer “se ese é o modus operando do PP en toda Galicia” e se “ese tipo de prácticas” foron habituais nas mocións de censura levadas a cabo en Galicia ou se “hai máis ofertas deste tipo que teñen pensado realizar para obter o poder a calquera prezo”.

A dirixente socialista, persoa de confianza de Pedro Sánchez en Galicia, asegura que estas acción son “un gravísimo ataque á democracia” que “merece unha explicación inmediata”.Para Pilar Cancela “a corrupción xa non deixa nin o máis mínimo espazo de credibilidade” ao Partido Popular.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos