7.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Sandra Insua:”Por vinganza gravoume xogando coa miña boa fe»

A primeira tenente de alcalde de Camariñas falou no pleno sobre a polémica conversa telefónica cun veciño que foi difundida nas redes sociais.

No pleno extraordinario celebrado este martes 20 de xuño en Camariñas non só se falou da situación xudicial do alcalde, Manuel Valeriano Alonso de León “Pichurri”, senón que unha das preguntas  do Partido Popular ía destinada a tenente de alcalde Sandra Insua Rial e ao contido cunha conversa telefónica gravada e difundida por internet.

“Non estou en ningún tribunal de selección de persoal” afirmou a concelleira socialista que dixo confiar nos funcionarios xa que “ por encima dos baremos legais non esta ninguén” precisando que a persoa coa que mantivo a conversa “non pasou ditos baremos”.

 

Unha conversa incompleta e manipulada

“Por vinganza gravoume xogando coa miña boa fe” precisou Sandra Insua, que non ostante, asegurou que a conversa difundida estaba “sesgada, incompleta e manipulada” e que aparecía nas redes sociais “cortada e manipulada e con memes ridiculizándome”.

Lembrou que este veciño “está denunciado no xulgado” ao igual que a plataforma de twitter e os comentarios que se difundiron nas redes, algo que reprobou visiblemente desconforme a concelleira do BNG, Ilva Carril.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos