20.8 C
Santa Comba
viernes, abril 19, 2024

O PP critica o mal estado de varias pistas deportivas en Muxía

Sandra Vilela denuncia o estado  de abandono no que se atopan as pistas deportivas de Villarmide, Castro, Morpeguite e  Senande.

O Partido Popular de Muxía sinalou ao concello de Muxía como responsable da falta de mantemento que provoca o mal estado no que se encontran as pistas deportivas de Villarmide, Castro, Morpeguite e  Senande.

Aseguran os populares que non estamos ante “un asunto puntual” xa que “o goberno municipal leva moitos anos sen facer nada para garantir a boa conservación destas pistas deportivas, nas que, é sinxelo encontrar maleza e vestiarios sucios e totalmente desfeitos”.

Segundo Sandra Vilela “estamos a falar de instalacións que no seu día pagáronse con cartos públicos e que agora se atopan nun estado ruinoso”. A voceira do PP lamentou que o alcalde Félix Porto transmita a sensación de que “lle importa ben pouco malgastar os fondos públicos”.

Sandra Vilela critica a deixadez do goberno de Muxía

Recriminan nun comunicado de prensa que  a “deixadez municipal” non contribúe a afianzar a poboación xuvenil nun municipio que está a sufrir unha “notable perda” de xente nova nos últimos anos.

“Co seu comportamento, o único que logra o alcalde é poñerlle trabas á xente nova que vive no rural para facer deporte e para que se senta a gusto en Muxía” declarou Sandra Vilela, que emprazou ao goberno municipal a adoptar as medidas necesarias para arranxar as pistas polideportivas existentes e nas que se permita tamén practicas outros deportes como o tenis ou o baloncesto.

“Temos unhas infraestruturas que debemos potenciar, e ás que podemos sacarlle moito partido realizando un pequeno investimento” afirmou Vilela.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos