9.5 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Localizan dúas mámoas no concello de Mazaricos

As mámoas descubríronse preto da Picota. O concello promove un estudo do Castro de Monte Aro.

A arqueóloga do Concello de Mazaricos, Nina Alvela, vén de facer un descubrimento excepcional: dúas novas mámoas na zona do Panasco, preto da Picota. Unha vez enviadas a Patrimonio, onde xa quedaron catalogadas, a profesional explicou a un grupo de alumnado do C.E.I.P A Picota todo o relacionado co achado no propio lugar. 

Unha das mámoas conserva intacto o con de profanación, é dicir, o sitio por onde se expoliaron os tesouros deste tipo de xacementos. Alvela explicou ao estudantado que estes monumentos funerarios están datados entre o 5.000 e o 3.000 a.C. Pertencen, polo tanto, ao Megalitismo, que se inicia a finais do Neolítico. 

Alvela afirmou que “Mazaricos, debido á súa xeografía, por ser un altiplano, é un lugar onde abundan as necrópoles tumulares”. Exemplificou isto nas de Val, Porto do Coído ou Busto. Do mesmo xeito, Alvela referiuse á necrópole de Porto Coído como “un xacemento que é estudado a nivel europeo e do que podemos contemplar perfectamente o dolme da Parxubeira”. 

Tras a exposición didáctica sobre Megalitismo, a arqueóloga tamén lles falou aos rapaces e rapazas das minas de wolfram do concello que, durante a II Guerra Mundial, serviron de abastecemento aos nazis e favoreceron o estraperlo deste material.

 ESTUDO DO CASTRO DO MONTE ARO 

Por outra banda, o concello está a levar a cabo unha limpeza controlada do castro ubicado no Monte Aro. A propia Alvela é a que está a supervisar estas tarefas. “Non podemos usar cadeas e debe ser todo moi coidadoso, para non degradar a estrutura do castro”, explica. 

“O castro ten dúas murallas perfectamente identificables, e unha terceira, onde estaban as terrazas de cultivo”, sinala. A arqueóloga data o castro “entre 0 600 a.C e o 300 d.C porque, tras iso, este tipo de construccións situáronse a máis baixa altura”. 

“Este lugar era un oppidum, é dicir, unha poboación importante, como unha cabeceira de comarca”, constata Alvela. A situación do castro fai que sexa o mellor ubicado da bisbarra do Xallas e un dos máis grandes da Costa da Morte. A Aparecen dúas novas mámoas en Mazaricos profesional afirma que está “segura” de que aparecerán mostras e fragmentos cerámicos durante o estudo. 

O alcalde, Juan José Blanco Riveiro sostivo que “pretendemos poñer en valor o noso patrimonio e mellorar as condicións socioeconómicas da zona grazas a un turismo respectuoso e sostible”. A fío disto engadiu que “tamén o facemos porque temos un concello rico en patrimonio cultural e histórico e é imprescindible coidalo e conservalo”.

Fonte – Nota de prensa do concello de Mazaricos

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos