9.9 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Actividades de verán no concello da Laracha

O prazo de inscrición nas actividades abrirase este xoves (22 de xuño) e deben formalizarse acudindo ao Concello da Laracha.

O Concello da Laracha presenta o completo programa municipal de actividades de verán que se desenvolverá durante os meses de xullo e de agosto e que inclúe un total de dezasete propostas culturais, deportivas e de ocio. Como cada verán o Concello dará continuidade ás actividades mellor valoradas polo público en anteriores edicións en base ás cifras de participación rexistradas nos cursos pasados e á aceptación que tiveron pola veciñanza en xeral, adamais de incorporar novas iniciativas.

Aínda que tamén hai propostas nas que se convida a participar ao público adulto, a maioría das actividades van dirixidas aos nenos. O obxectivo é axudar á conciliación laboral e persoal das familias con cargas, ofrecendo unha ampla programación que se desenvolverá durante case todos os días laborables dos meses de xullo e agosto, isto é, durante a época de vacacións de verán nos centros escolares.

O prazo de inscrición nas actividades abrirase este xoves (22 de xuño) e deben formalizarse acudindo ao Concello da Laracha. Nos próximos días desenvolverase unha campaña informativa que se centrará prioritariamente nos centros de ensino.

Neste verán os campamentos terán un especial protagonismo. Tal e como é habitual, haberá dúas quendas dos campamentos municipais de Caión, sendo a primeiro (rapaces nados entre o 2006 e o 2009) do 3 ao 7 de xullo e, a segunda (rapaces nados entre 2002 e 2005) do 10 ao 14 de xullo. En ambos casos o autobús recollerá cada día aos nenos na Praza do Concello ás 10:00 e regresará ás 18.00 horas. Para cada unha das quendas hai un límite de cincuenta prazas (sorteo no caso de ser necesario).

Os nenos de 3 a 7 anos de idade tamén terán campamentos, neste caso urbanos, que se desenvolverán no pavillón do IES Agra de Leborís en horario de mañá (9:00 a 14:00 horas). A primeira quenda será do 3 ao 7 de xullo e a segunda, do 31 de xullo ao 1 de agosto.

A novidade será o campamento que se vai realizar no camping de Limens (Cangas do Morrazo) do 23 ao 25 de agosto, onde os participantes (mozos de entre 14 e 17 anos) realizarán diversas actividades multiaventura, medioambientais, marítimas e culturais.

Propostas habituais deste programa son os campus dos deportes máis practicados no municipio. O de fútbol será do 17 ao 23 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas no Campo Municipal da Laracha (nenos de 5 a 9 anos) e no Campo Municipal A Porta Santa de Paiosaco (nenos de 10 a 15 anos). O campus de baloncesto (dirixido a rapaces de entre 5 e 14 anos) terá lugar no pavillón Municipal da Laracha entre os días 31 de xullo e 4 de agosto de 11:00 a 13:00 horas.

O sábado 22 de xullo, e coincidindo coas festas patronais desa parroquia, celebrarase a segunda edición da Carreira Popular do Apóstolo en Vilaño, evento que contará con diferentes percorridos para todos os grupos de idade, sendo de dez quilómetros a de adultos. Tamén haberá unha Andaina Solidaria en beneficio de Cáritas Parroquial da Laracha.

A praza Eduardo Vila Fano de Caión acollerá dúas sesións de cine ao aire libre. O día 26 de xullo proxectarase o filme Maimiño e o espello máxico e o 11 de agosto, 8 apellidos catalanes, en ambos casos a partir das 22:30 horas. 

Outra das novidades será a xornada de paintball na localidade de Cacheiras (Concello de Teo) o día 7 de agosto, dirixida tanto a nenos a partir de 8 anos como a persoas adultas, sendo o cupo de 20 persoas por cada grupo.

O 13 de agosto celebrarase a trixésima edición do Día da Bici, previsiblemente a proposta máis multitudinaria do programa verán. O percorrido comezará ás 11:00 horas na Praza do Concello, pasarase por Paiosaco e rematará en Caión. Convídase a participar a persoas de todas as idades. Ademais, para os veciños do municipio que dispoñan dunha bicicleta de montaña organizaranse o 2 de setembro a Pequerruta ciclista (para maiores de 5 anos de idade) e rutas mini BTT para maiores de oito anos de idade que se realizarán os sábados 8 de xullo e 5 de agosto.

O 29 de agosto na praia de Caión realizarase en horario de mañá un cursillo de iniciación ao surf na praia de Caión no que poderán participar persoas maiores de 8 anos de idade. Tamén nesa localidade haberá unha xornada de kaiak e paddle surf o 18 de agosto para maiores de 10 anos de idade, con dúas quendas de dúas horas de duración cada unha (prazas limitadas a 12 participantes por quenda).

Por último, salientar as saídas que se realizarán para disfrutar do aquapark de Cerceda (8 e 22 de agosto) e practicar rafting no río Ulla (10 de agosto) e kaiak no río Eume (27 de xullo).

Na programación de verán tamén haberá cabida para os cursos de manualidades e pintura, que se realizarán en sesións semanais de dúas horas de duración (11:00 a 13:00 horas) nos meses de xullo e agosto. Poderán participar nenos maiores de catro anos de idade e terán dúas quendas para escoller (xoves e venres).

Na organización e desenvolvemento deste programa municipal de actividades de verán colaboran co Concello da Laracha a Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, club ciclista Laracha en Dúas Rodas, Club Ciclista Laracha, Club de Salvamento Acuático Laracha (SAL), Asociación Deportiva Downhill Laracha e Asociación Adro de Vilaño. 

Fonte- Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos