7.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

O PP acusa a Pichurri de ter oculta a súa sentenza condenatoria durante máis dun mes

Lembran que Manuel Valeriano Alonso de León xa non pertence ao PSOE.

O Partido Popular de Camariñas emitiu un comunicado de prensa no que cualifica de “conduta irresponsable” que , ao parecer, o alcalde Manuel Valeriano Alonso de León agardara ao 5 de xuño para entregar a sentenza que o inhabilita durante catro anos na secretaría. 

“Tívoa oculta no caixón máis dun mes polo seu propio interese. Só notificou cando se viu forzado pola petición de pleno por parte do PP, se non seguiría sen facelo” sinalan.

“Primeiro é el, despois o PSOE e por último os veciños”

Os populares amosan a súa sorpresa porque “O señor Valeriano marche do PSOE para non facer dano ao seu partido e sen embargo non teña problema algún en seguir no despacho da Alcaldía unha vez condenado e sen que a súa firma sirva nada, cos graves problemas que elo acarrea ao Concello e aos veciños”.

Critican esta postura do alcalde:”Xa vemos que primeiro é el, despois o PSOE e por último os veciños”. E insisten en recalcar que o rexedor camariñán xa non pertence ao PSOE.

O PP pregunta polos informes que mencionou o alcalde

A formación que lidera Mauro Aufiero asegura que a transparencia do alcalde “váiselle polo sumidoiro ás primeiras de cambio” e refírense aos informes aos que aludiu tanto Alonso como o Grupo Municipal Socialista que acreditarían a súa continuidade no cargo:”Fala duns informes que o poderían exculpar, pero ninguén no pobo sabe nada deles, xa que nin os ensina nin se preocupa en que a xente que votou o Partido Socialista coñeza eses datos”.

Emprazan a Pichurri a explicarlle ao pobo “a situación actual” que xurde “por non facer caso as leis e crer que pode facer o que el queira”. O vindeiro martes 20 de xuño, as 9 da noite celebrarase a sesión plenaria extraordinaria solicitada polo Partido Popular para tratar sobre a condena do alcalde e sobre a polémica gravación que afectaba a tenente de alcalde, Sandra Insua.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos