5 C
Santa Comba
sábado, marzo 30, 2024

Unanimidade no pleno celebrado na Laracha

Os catro grupos políticos con representación no Pleno da Corporación municipal da Laracha aprobaron por unanimidade todas as cuestións que foran elevadas, por iniciativa do goberno local, á sesión extraordinaria celebrada hoxe.

Deste xeito, o Concello da Laracha confirma a súa adhesión ao programa Cidades Amigas da Infancia que impulsa UNICEF Comité Español co propósito de promover a aplicación da Convención sobre os Dereitos do Neno (aprobada pola ONU en 1989) no ámbito dos municipios. Do mesmo xeito, o Concello obterá o Selo de Recoñecemento Cidade Amiga da Infancia e contará co apoio e colaboración de UNICEF para o desenvolvemento, mellora continua e innovación das políticas de infancia e adolescencia no municipio.

 
Tamén houbo pleno consenso nos asuntos de índole económica. Así, as sociedades Industrias de Diseño Textil S.A. e Ambulancias e Pompas Fúnebres San Antonio beneficiaranse da bonificación do 95% no imposto municipal sobre construcións, instalacións e obras (ICIO), tal e como permite a ordenanza fiscal número 17. O alcalde, José Manuel López Varela, explicou que a cota xeral do ICIO no Concello da Laracha é do 0,3% do importe do proxecto e que todas as empresas que se instalaron no polígono se favoreceron deste desconto, que considera é “un reclamo para poder captar investimentos, e máis polo importante movemento que está xerando a chegada de Inditex á Laracha”.

Acordouse a aprobación inicial do expediente de modificación de crédito número 1/2017 –o primeiro do exercicio económico en curso- na modalidade de suplemento de crédito. López Varela informou que o motivo deste cambio nos presupostos é “realizar os axustes correspondentes para poder financiar a parte que lle corresponde ao Concello da obra de construción do viveiro de empresas no polígono industrial”.

O proxecto está valorado nun total de 359.000 euros, contándose coa colaboración económica da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. A achega municipal será de 136.126,08 euros que, trala aprobación do suplemento de crédito, serán financiados con cargo a anulacións e baixas noutras aplicacións orzamentarias para gastos inicialmente previstos, pero aos que finalmente non será preciso facer fronte.

Por último, aprobouse o recoñecemento extraxudicial de créditos para facturas –por concepto de subministración eléctrica en instalacións municipais, mantementos de infraestruturas públicas, actividades deportivas e programas de servizos sociais- pertencentes a 2016 que non puideron ser aboadas con fondos do exercicio anterior ao ser remitidas ao Concello polos provedores trala entrada do novo ano. En total suman 20.174,89 euros, que pasan a aplicarse á partida de gastos de 2017.

Fonte-Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos