3.3 C
Santa Comba
martes, diciembre 5, 2023

Fin de semana de San Xoán con movemento en Santa Comba

Os vindeiros 23 e 24 de xuño Santa Comba Móvese, o 23 festa de San Xoán e o domingo 25 actuará o Mago Antón.

Santa Comba Móvese

Uns corenta comercios de Santa Comba participan na iniciativa da asociación de empresarios, Santa Comba Móvese 2017. Isto permitirá que durante a fin de semana de San Xoán, os veciños da comarca poidan beneficiarse de descontos, agasallos e premios coas súas compras.

Ademais nos establecementos de hostalaría haberá menús a prezos especiais e pinchos. Pero iso non é todo. O venres 23 de xuño a partir das 4 do serán na praza do Campo da Feira haberá inchables para nenos, a actuación da Charanga Tíralle do Aire e e un tren turístico percorrendo as rúas do pobo.

A asociación de empresarios conta co apoio do concello de Santa Comba e coa colaboración de Arco Iris, Almacenes Seromavi, Cafetería Supermercado A Nosa Vila, Deportes Amarelle, Euronics, Comercial Espaher, Fontanería Gesto, Joyería Romar, Electrodomésticos Sampedro, Marcapel e Pisotones.

 

San Xoán 2017

O venres 23 de xuño, no Campo da Feira, a Comisión de Festas de San Pedro organiza a festa da noite de San Xoán, cunha cea a partir das 22:00h. Non faltará a tradicional cacharela, os inchables de El Juguetón, e a música.

Esta actividade celébrase días antes do arranque das Festa de San Pedro, o 28 de xuño.

Mago Antón e deporte en Santa Comba

O domingo 25 de xuño a partir das 9 da noite, o campo da feira acolle o espectáculo dun dos magos e ilusionistas máis sobranceiros do país, o Mago Antón, dentro das actividades do Verán Xalleiro 2017 do concello de Santa Comba.O sábado 24 e o domingo 25 de xuño haberá un torneo de fútbol 8 no campo de Fontenla, e ese domingo celebrarase a segunda edición das Andainas Saudables.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos