Actividades no concello de Santa Comba para esta Verán 2017.
O Mago Antón actúa en Santa Comba o 25 de xuño
O concello de Santa Comba xa está desenvolvendo o seu programa de actividades para este verán, que xa contou cunha exhibición de Taekwondo e coa actuación dos Monicreques de Kukas.
Ao longo deste mes de xuño está prevista unha exhibición da escola deportiva municipal de Fútbol-Sala(venres 16), unha homenaxe a Severino Amarelle( Sábado 17 desde as 4 do serán no Pavillón municipal de Fontenla), así como a clausura dos cursos de natación e educación.
O sábado 24 e o domingo 25 de xuño haberá un torneo de fútbol 8 no campo de Fontenla, e ese domingo celebrarase a segunda edición das Andainas Saudables. O mesmo día as 9 da noite o campo da feira acollerá a actuación do Mago Antón e o 29 terá lugar a apertura da piscina ao aire libre.
Xullo e agosto
No mes de xullo (do 17 ao 28) organizarase un Campamento Urbano en inglés, dous torneos de pádel( 28 e 29 de xullo) e un concerto do grupo carballés de rock The Cerne.
O mes de agosto terá lugar o campamento urbano “Multiaventuras no Xallas”(do 1 ao 14 de agosto), “O Sabedoiro do Verán”, un “Campamento xuvenil na natureza” , “Aventuras tecnolóxicas na natureza” e un campamento deportivo da Deputación
Non faltará o Día da Bicicleta(27 de agosto), e unha saída ao Aquapark de Cerceda prevista para o mércores 9 de agosto.
Todo o programa do Verán Xalleiro nesta ligazón
Escola baile de música
A escola de baile e música tradicional de Santa Comba celebra o vindeiro venres 16 de xuño, a partir das 20:30h, no Campo da Feira o seu tradicional festival anual.