Emotivo concerto e tese de Doutoramento de David Durán Arufe

David Durán Arufe ofreceu un concerto en Pontevedra e presentou a súa tese de Doutoramento.

Os pianistas David Durán e Haruna Takebe ofreceron, o pasado venres 9 de xuño, unha intensa e emotiva velada musical na Basílica de Santa María a Maior, de Pontevedra,  con temas de T. Hosokawa e T. Takemitsu que serviron tamén como tributo ao profesor xalleiro, José Durán Martínez, pai de David, que finou recentemente.

En “Caligrafía do Son” as interpretacións de Durán Arufe e Hakuna Takebe mesturáronse coa caligrafías de Aoi Yamaguchi e as videocreacións de Masako Hattori. Todo nun espazo moi propicio.

Doutoramento de David Durán

O músico xalleiro tamén é noticia porque fai uns días presentou a súa tese de Doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela que recibiu a máxima cualificación, o “cum laude”.

A tese de David Durán Arufe versou sobre o compositor xaponés Toshio Hosokawa.“A súa música causoume unha fonda impresión dende que a coñecera como estudante na Universidade das Artes de Amsterdam”, explicou Durán ao xornal de USC

“Xordeu en min unha gran curiosidade por explorar o xeito co que podería expresar o seu universo sonoro tan enraizado nas artes e filosofías xaponesas nas que interveñen elementos do Gagaku, do teatro Noh, técnicas instrumentais inspiradas no Shakuhachi ou no Sho e unha concepción caligráfica do son baseada no Shodo a través dun instrumento tan europeo como o piano” engadiu.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,280SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos