O concello de Dumbría presentou as súas actividades de verán.
O concello de Dumbría abrirá a piscina municipal do Conco durante os meses de xullo e agosto(de luns a sábado, de 15:30 h a 19:30 h) con cursos de natación de iniciación e perfeccionamento para os adultos polas tardes e tamén (polas mañás) con distintas actividades para os nenos e nenas: cursos de natación, Obradoiros de manualidades, cociña, reciclaxe, experimentos,Xogos e dinámicas para o tempo libre, Xogos populares e de mesa,Actividades deportivas,Contacontos,Servizo de Bibliopiscina e acceso a internet,Diversión, entretemento, xogo, aprendizaxe, exercicio físico, intercambio de experiencias, convivencia, interacción dos rapaces das diferentes parroquias, …
O concello porá un servizo de transporte gratuíto para trasladar ós participantes desde as parroquias ata Dumbría. O prazo de inscrición xa está aberto e pode realizarse nas casas culturais ou nas oficinas municipais, Teléf.: 981 744 001, ata o 26 de xuño. No caso dos menores que desexen participar nestas actividades estivais, hase de entregar unha solicitude en calquera das instalacións municipais. Pero este mes, o luns 26 de xuño haberá unha festa fin de curso na praia do Ézaro.
Escolas de teatro
E a vindeira fin de semana a Casa da Cultura de Olveira acolle as clausura das escolas de teatro con dúas funcións. O sábado 17 de xuño, as 16:00h actuarán os nenos e nenas dos grupos de teatro de Olveira e do Conco e o grupo de mozas/as. E a domingo(20:00h) será a quenda do grupo de teatro de adultos.