12.6 C
Santa Comba
miércoles, noviembre 6, 2024

O alcalde de Zas nega que haxa un vertedoiro incontrolado municipal

Manuel Muíño aclara que é un almacén provisional de restos da construción que serán retirados.

O alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, nega que como denunciou o voceiro do Partido Popular, David Gómez Brandariz, haxa un vertedoiro municipal incontrolado detrás do pavillón polideportivo de Zas. Asegura que é un almacén provisional e temporal de restos da construción que serán retirados por un xestor autorizado para o seu tratamento e reciclaxe.

Declaracións no Diario de Bergantiños

En declaracións ao xornal “Diario de Bergantiños”, Manuel Muíño, acusou ao voceiro popular de tentar “desviar a atención e entorpecer a labor do goberno para que non se faga nada no concello de Zas” mediante informacións alarmistas.

Sobre a uralita depositada neste “almacén temporal”, o alcalde asegura que “non procede de ningunha obra do concello, ou ben o depositou algún veciño ou ben a recolleu persoal do concello dalgún punto de vertido”. Lembrou que sobre o amianto das uralitas “so se desprende cando manipulas e rompes unha plancha.Desde o concello de Zas informan que se optou por esta localización para limitar o impacto visual e paisaxístico.

Pulso entre goberno e oposición en Zas

O pulso entre goberno e oposición incrementouse no concello de Zas, xa no último pleno, coas críticas do PP sobre a actuación do BNG no referente á Carballeira de Baio, e coa petición de información sobre contratos municipais.

Esta semana, o alcalde Manuel Muíño, anunciaba a adquisición da Carballeira de Baio por un importe de 43.000 euros.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos