7.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

O PP denuncia un vertedoiro ilegal no concello de Zas

Os populares denuncian a existencia dun vertedoiro municipal “ilegal e incontrolado” nas inmediacións do colexio de Zas.

Un día despois de que o alcalde de Zas,Manuel Muíño Espasandín, anunciara a adquisición da Carballeira de Baio, o  Partido Popular denunciou a denunciou hoxe a existencia dun vertedoiro municipal “ilegal e incontrolado” nas inmediacións do colexio de Zas, onde hai localizados restos de material de obra, uralitas, plásticos, colchóns e ata un coche.

O portavoz do Partido Popular pídelle ao executivo local a que tome medidas no asunto e aclara que este vertedoiro está ubicado nunha leira de titularidade municipal.

“É curioso que Manuel Muíño presuma de ser un alcalde que se preocupa polo medio ambiente e polo desenvolvemento sustentable e despois atopámonos con estas sorpresas” manifestou David Gómez, cualificando a situación de «especialmente grave» con especial mención á uralita porque “estamos a falar de uralita con amianto e todos sabemos que iso é un material que se debe tratar con moito coidado e que non se pode manipular de calquera xeito”.

O Partido Popular avisa eo SEPRONA

Gómez Brandariz acusou ao alcalde de Zas de anunciar moitas cousas «pero logo non cumpre case ningunha» e alertou da presenza de ratas na zona.O Partido Popular agarda unha reacción por parte do goberno local, aínda que informo que dará conta da situación ao SEPRONA.

“Sabemos que a rapidez non é a característica fundamental deste goberno á hora de facer as cousas. Para exemplo, a documentación que lle pedimos sobre os contratos municipais e que aínda estamos esperando por unha explicación” declarou o voceiro popular.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos