4 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

O concello de Zas adquire a Carballeira de Baio por 43.000 euros

Manuel Muíño anuncia o acordo coa propietaria e que o vindeiro 25 de xuño haberá festa, organizada polo concello. Duras críticas para o voceiro do Partido Popular .

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, anunciou nunha rolda de prensa que o concello chegara a un acordo coa propietaria da Carballeira de Baio, que permitirá incorporar “ao patrimonio público un lugar único e emblemático” como é esta área composta por 390 carballos.

O prezo finalmente pactado é de 43.000 euros (entre os 30.000 euros que ofrecía o concello e os 56.000 euros que pedía a propietaria). O alcalde informou que a próxima edición da Festa da Carballeira de Baio será organizada polo concello, que proximamente promoverá un plan ambiental nesa contorna e tamén xestionará a súa protección.

Cualificou de “fito importantísimo” e de “boa noticia para Baio” pero tamén para o concello e para a Costa da Morte, o acordo para comprar a Carballeira.

“Nunca estivo na miña cabeza a expropiación”

Muíño Espasandín, que compareceu acompañado polos concelleiros Óscar Lema Romero e Manuel García Velo considerou lóxica a dinámica das últimas semanas onde a propietaria buscaba “conseguir o prezo máis alto posible” e eles o máis baixo, pero explicou que “nunca estivo na miña cabeza a expropiación”. 

Tamén recoñeceu que a problemática causou certo “stress” no equipo de goberno, pero finalmente encontrouse unha saída. A situación da Carballeira centrou o último debate plenario.Afirmou sentirse “orgulloso de que haber chegado a este acordo” e considera a Carballeira como “un recurso turístico e económico para Baio”. O vindeiro 25 de xuño haberá a tradicional festa, nesta ocasión organizada polo concello mantendo o formato tradicional.

 

 

 
Críticas para o PP de Zas

Na súa intervención, Muíño tamén tivo duras críticas para o portavoz do PP de Zas, David Gómez, ao que culpa de provocar “que esta negociación fora máis longa e máis díficil” polo seu intento de facer “dano político” mediante unha estratexia coa que pretendía “entorpecer” o proceso, “axudado por significativos persoeiros de Baio”, se ben a “grande maioría non se deixou levar por esta utilización”.

Non disimulou a súa “decepción” co voceiro do PP:”Non hai outro caso no que un concelleiro da oposición diga que o prezo que estás pagando é moi barato”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos