5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Costa da Morte Crónica Marítima, algo máis cun libro

Rocío Romar destaca o saber enciclopédico de Costa da Morte, Crónica Marítima de Rafael Lema.

A profesora Rocío Romar fai unha análise completa de «Costa da Morte, crónica marítima» de Rafael Lema, editado polo GALP Costa da Morte. Para Romar a obra «vai moito máis de ser un libro sobre o mar. Mellor dito, vai máis aló de ser un simple libro». Damos un estrato do seu traballo: 

A priori presenta dúas lecturas moi claras. O que teñen vostedes entre as mans reflicte o espírito máis fiel do saber enciclopédico con maiúscula. Por outra banda, ofrece unha visión mundial dun área xeográfica galega: A Costa da Morte. E digo visión enciclopédica porque a partires dun centro de interese que é o mar, Rafael Lema desenvolve dun xeito pormenorizado unha serie de coñecementos disciplinarios, globais e entrelazados dentro dunha filosofía que arrinca do saber enciclopédico nacido no século XVIII coa Ilustración Francesa e que marca o século das luces culturais para toda Europa.

Por outra banda, os maiores, cando lean Crónica marítima recordarán  aquelas enciclopedias escolares das escolas de mediados de século XX nas que nun só libro se ofrecían todos os saberes necesarios para os escolares. E a rapazada de hoxe verá neste libro a versión máis moderna de pedagoxía e de didáctica: O Traballo por proxectos que se está a impartir nos procesos educativos máis innovadores do país. Porque todo o que sucede vai sendo unha causa e unha consecuencia de algo que sucedeu anteriormente e isto é o fío condutor do relato desta obra que hoxe presentamos.

En que se basea esta visión multidisciplinar e enciclopédica de Crónica marítima? En que se nos ofrece un repaso pola historia da Costa da Morte desde a Antigüidade ata o século XX, desde os castrexos, o Imperio Romano, A Idade Media e Moderna e a a historia máis próxima a nós.  Coa excelencia de que non só unha historia de heroes e guerreiros, senón que é a da nosa propia xente, cidadáns como nós que fundaron a base das diferentes sociedades, xente con nome e apelidos. O libro conta as relacións e as loitas de poder entre os nobre e os reis, entre a burguesía. O poder de Santiago, a casa de Traba,… O poder de Xelmírez.

Todo iso que se relata na famosa película recén emitida na TVG e na TVE! da O fin do camiño, ese neno, do último capítulo, Afonso Reimundez, o rei, fillo de Urraca estivo agochado aquí na Costa da Morte, protexido no Mosteiro de Moraime. Relata tamén ao longo de todo o discurso unha apaixoante historia de batallas navais e de piratas que acosaban a Costa da Morte: franceses, ingleses, corsos….Figuras como o famoso pirata inglés Harry Pay, Clay Stephen, pero tamén algún noso como Pero Niño. Danos unha lección de arte a través da presentación dos mosteiros e da arte gótica mariñeira tan característica da nosa terra en igrexa como a de Cereixo e da que aí tedes o tímpano. 

É un verdadeiro tratado de economía ao describir as relacións comerciais que tiñan os castrexos que habitaban a costa nos castros marítimos como o de Entretorres de Malpica cos púnicos e os gregos, O intenso tráfico marítimo entre Roma e as Rías galegas, Os gremios da Idade Media, mercados, comercio, feiras, tributos, oficios, foros, … A pesca de baixura, os baleeiros de Malpica, todos os trafegos arredor do mar.

A construción de barcos, o tráfico internacional de sal, ferro, viño de Galicia, os mercantes. E mostra unha extensa documentación que exemplifica a vida dos nosos portos que debía ser moi axetreada cun amplo fluxo de importacións e exportacións de  mercadorías e persoas na Idade Moderna e Contemporánea. Quen ía pensar que Muxía e Camariñas ían ter relación co mercado da Hansa, o lobby máis poderoso da Idade Moderna, que sae en todos os libros de texto escolares pero que só Rafael Lema o mete nas nosas vidas?

No libro tamén se contan lendas e e milagres da Virxe da Barca, a de Pastoriza e Nosa Señora do Monte como protectoras dos mariñeiros según as épocas. No século XVII seica acudían máis á Virxe de Pastoriza e no s XVIII á Barca para encomendarse. Fitos relixiosos. Quen ía dicir que os monxes de Moraime ían ter relación cos Templarios. Que o poderoso Xelmírez agochou en Muxía ao rei de Galicia. Que o Císter e o Cluny que estudamos nos libros de Historia Universal estiveron en Galicia?

O libro aporta un documento fundamental para entender a vida da nosa xente. O pobo das parroquias. O Catastro do Marqués da Ensenada, ministro de Fernando VI de mediados do S. XVIII que reflicte detallamente a vida e os oficios de cada parroquia, nomes de persoas cotiás que o catrastro de Ensenado e agora este libro coloca no seu lugar da Historia con maiúscula. Ao lado dos grandes, que é o xeito de facer verdadeira historia e render unha homenaxe dos nosos devanceiros. De seguro que si ledes ese apartado aparece alguén da familia de todos nós.

Este é un documento clave en todas as investigacións históricas da realidade económica e social de Galicia. Ou o Catastro de Madoz na mesma liña pero un século despois. Temos unha somera información sobre as infraestruturas costeiras e podemos descubrir como na Idade Media e na Idade Moderna, na Costa da Morte non había portos. Todo era unha sucesión de ancoradoiros e praias e areais. Non é ata o século XVIII cando empezan as obras do peiraos. E os faros agás a Torre de Hércules eran simples fachos na beira do mar. Os principais faros da Costa da Morte parten do século XIX. E cita xa no século anterior, o s XVIII, o facho de Beo. 

O libro ten a súa segunda vertente e non menos importante e é a que é unha das poucas obras que sitúa a Costa da Morte nun contexto mundial. Desde un punto de vista físico e humano. Físico porque se atreve a delimitar unha área complicada. Qué é Costa da Morte? Porque demostra que foi un área estratéxica desde a Antigüidade, desde a Prehistoria, desde antes de Cristo e que así debería seguir sendo no presente er no futuro con actuacións sostibles, cun desenvolvemento que evitase a despoboación e a fuxidas da poboación e unha xestión da administración que a situase onde se merece por recursos propios.

Porque a Costa da Morte teno todo. Só hai que descubrilo, poñelo a funcionar e non destruílo. Arriscarse, apostar por ela, porque ao fin de conta esta terra e a súa xente, os seus persoeiros, Carlos Varela, o mestre, Pedro Blanco, o gaiteiro, os artesáns, os mariñeiros, déronnos todo o que temos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos