5.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

O goberno de Coristanco agarda licitar en breve o servizo de limpeza

O BNG denuncia a paralización do novo procedemento  para adxudicar o servizo de limpeza e a concesións de axudas “a dedo” á empresa que se encarga do servizo de axuda no fogar.

No pleno do pasado mércores, no que como informamos aprobouse a conta xeral 2015, a edila Laura Mariño denunciou a situación do servizo de Axuda no Fogar que suscitou un gasto de 120.000 euros nun ano a unha empresa “sen ningún tipo de procedemento”. Segundo o BNG a empresa foi receptora de “tres subvencións a dedo”.

Con respecto ao servizo de limpeza municipal, a concelleira desvelou que  a falta de contratación está provocando  o pago de horas extras, en abril un total de 3.700 euros, para poder cubrir o servizo.O alcalde coristanqués explicou que están traballando “nese procedemento” e só falta un informe de intervención para poder abrir a licitación, e mentres tanto “houbo que recorrer ás propias traballadoras do concello”.

Desde o BNG, incidiron nas deficiencias que existían e “nos servizos que non se prestaron”. Para Laura Mariño “pagar horas extras é o camiño máis fácil”. A edila asegurou que o procedemento de licitación levaba parado máis de tres meses..

Amancio Lavandeira agarda que non tarde en realizarse a nova adxudicación e está convencido de que se “ven mellorando o servizo que antigamente se estaba prestando”.

O alcalde asume competencia da xunta de goberno

A voceira do BNG tamén fixo fincapé na asunción de competencias da xunta de goberno local en materia de xestión económica e contratación por parte do alcalde.”Queremos ir corrixindo a forma de contratar e para axilizar o pago de facturas asumíronse esas competencias que o alcalde sempre tivo” respondeu Lavandeira.

Os socialistas tamén se interesaron pola organización de festas sen licencia. Desde o goberno aclararon que estes permisos seguen un procedemento, aínda que si era certo que algunhas asociacións “esperan á última hora” e logo podía haber problemas.

Sen dereito a réplica

Amancio Lavandeira respondeu ás preguntas do PP que se presentaran por escrito, informando sobre o litixio xudicial con Aquagest “que está aberto”, a execución do POS 2015 “que aínda non está adxudicado” ou sobre a situación do alumeado no concello. Os populares non puideron ler as súas preguntas xa que o alcalde entendeu que eras as mesmas que da anterior sesión e que xa foran expostas, algo negado polo PP.

No treito final tanto Antonio Pensado(PP) como Laura Mariño(BNG) quixeron intervir e protestaron, sobre todo a concelleira nacionalista, porque o alcalde decidiu levantar a sesión, que chegou a definir a situación de “ditadura”.

Os vídeos de Adiante TV en Coristanco

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos